Un campo de fútbol que custou 300.000 euros, arrasado por segunda vez tras un temporal

A Deputación de Pontevedra destinou máis de 200.000 euros para arranxar un campo que supostamente ía ter novidosas medidas de drenaxe tras ser esnaquizado por outro temporal hai menos dun ano.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 09/10/2024 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Finais de agosto de 2024. O campo de fútbol de Chan da Barcia, en Ponte Caldelas, locía como novo. Herba artificial nova, mellores sistemas de drenaxe e mellores infraestruturas. Unha obra que custou 306.000 euros despois de que unha enchenta do Río Verdugo, tras un tempora, o Domingos, deixase a instalación esnaquizada.

Herba artificial do campo Chan da Barcia, en Pontecaldelas, arrasado polo temporal Kirk
Herba artificial do campo Chan da Barcia, en Pontecaldelas, arrasado polo temporal Kirk | Fonte: A ren del chan - Facebook

Outubro de 2024. Menos de dous meses depois, outra enchenta do Verdugo, desta volta por mor do temporal Kirk, volveu arrasar este campo de fútbol. Como é posible que tras gastar máis de 300.000 euros o campo volva ser unha esterqueira?.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentaba co alcalde desa localidade, Andrés Díaz, as obras de remodelación do estadio que tiñan unha subvención de 158.200 euros ao amparo do programa +Provincia, que se complementaban con outra axuda de 47.800 euros correspondente ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, para a renovación do céspede artificial.

O deseño do novo campo aspiraba a paliar os problemas das riadas, algo que non se conseguiu. O Concello elixiu un céspede con maior capacidade de drenaxe así como novos filtros e desaugadoiros especializados para evitar que o caucho sintético granulado fora arrastrado pola canle fluvial. 

Unhas melloras que non serviron de nada. Kirk levou novamente todo por diante. A herba sintética, preparada para asolagamentos, foi arrincada case por completo e flotaba no medio do campo. Ata que o río Vergudo volva ao seu cauce non se poderán coñecer os efectos reais da primeira inundación do novo sistema actual.

O Concello elixiu para a reposición un deseño que aspiraba a paliar os problemas das riadas con maior capacidade de drenaxe da capa verde así como con filtros e desaugadoiros especializados para evitar que o caucho sintético granulado sexa arrastrado pola canle fluvial.

Ata que cese o episodio non se poderán coñecer os efectos reais da primeira inundación do novo sistema.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta