Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2024 | Actualizada ás 10:50
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a orde que recolle as bases para a concesión de axudas da Consellería de Medio Rural en materia de sanidade vexetal aos viveiros ou explotacións agrícolas afectadas as chamadas 'infesta de corentena'.
Os beneficiarios destas indemnizacións, que contan cun orzamento inicial de 40.000 euros, poden ser persoas físicas ou xurídicas e entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais se visen afectados por medidas fitosanitarias adoptadas en virtude da declaración da presenza dalgunha praga de corentena.
Así, poden solicitarse axudas para pragas de couza guatemalteca, que afecta á pataca, para o 'fusarium circinatum' do piñeiro, ou para a flavescencia dourada da vide.
No caso dos viveiros, estes deben estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, e non é posible outorgar axudas se, no momento da inspección inicial, o viveiro non cumpriu ese trámite.
As axudas destínanse a financiar procesos de destrución, desinfección, esterilización ou tratamentos aplicados aos vexetais contaminados, a substratos de cultivo e terreos recoñecidos como contaminados. Tamén se poden utilizar para financiar materias de produción, acondicionamento, embalaxe ou almacenamento, así como medios de transporte que estivesen en contacto cos devanditos vexetais.
As solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta. O prazo para pedir as axudas é dun mes a partir deste mércores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.