Feijóo, cómodo no Lalín de Cuíña

Os dous líderes políticos simpatizan nun acto da Feira do Cocido. O presidente da Xunta aposta porque este evento gastronómico teña recoñecemento internacional e lembra que Galicia "é un país aldeán".

Por Xurxo Salgado | Lalín | 01/02/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu á Festa do Cocido de Lalín. Pero, desta volta, non o fixo como comendador dun acto que o novo rexedor decidiu suprimir por consideralo máis propio de revistas do corazón.

Feijóo e Rafael Cuíña na Festa do Cocido de Lalín
Feijóo e Rafael Cuíña na Festa do Cocido de Lalín

Desta volta, Feijóo foi a Lalín para entregar o premio Aldea Singular, un novo premio co que Rafael Cuiña quere potenciar e promocionar o rural do seu concello. E, precisamente no berce do cuiñismo, no Lalín que Xosé Cuíña --pai do actual rexedor-- fixo un feudo inexpugnable para o PP, volveu Feijóo a sentirse cómodo e a destacar a importancia da Galicia rural que é a que lle dá a maior parte dos votos.

Unha comodidade que foi mútua con Cuíña fillo, rexedor da localidade baixo as siglas de Compromiso por Galicia, logo de abandonar o PP e apostar por unha forza nacionalista de corte moderado. Rafael, a diferencia do seu pai, deu o paso ao sector galeguista, e incluso máis alá, con apoios claros durante as pasadas xerais á candidatura do BNG, Nós-Candidatura Galega.

Pero Feijóo sentiuse cómodo nesa nova Lalín de Cuíña, a pesar de que xa non é a Lalín do PP. Por iso, na XLVIII Feira do Cocido de Lalín, volveu a amosar a súa predileción por esta festa e desexou que obteña o recoñecemento oficial internacional que se merece e que xa lle deron “oficiosamente moitos visitantes chegados dos lugares máis diversos”.

E Rafael Cuíña, sabedor da importancia simbólica que este xesto ten, tamén coidou, e esplotou, a visita de quen un día foi inimigo do seu pai. Pero aquelo xa pasou á historia e o Lalín do novo Cuíña pretende ser o centro da nova política na que poden coincidir alcaldes das mareas como Xulio Ferreiro ou Martiño Noriega, con dirixentes populares como o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez (tamén de Lalín) ou a presidenta da deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Feijóo, Cuíña e Román Rodríguez na Feira do Cocido de Lalín
Feijóo, Cuíña e Román Rodríguez na Feira do Cocido de Lalín

Na súa visita á capital do Deza, o titular da Xunta aproveitou, ademais, para sacar a súa faciana máis rural e destacou que a aldea galega é un centro de solidariedades onde a persoa necesita do grupo, e o grupo precisa as persoas. “Un sentimento grazas ao cal Galicia foi quen de superar todas as eivas que lle deparou o destino”.

"A infancia da gran maioría dos galegos está unida a unha aldea --el mesmo ten suliñado que pasou moito tempo nos Peares--, a unha patria pequena, chea de seres queridos e dunha paisaxe humanizada", dixo. “Galicia é un país aldeán, pero que ninguén pense que iso é unha desvantaxe, senón todo o contrario”, engadiu, porque o mundo intercomunicado no que agora vivimos “precisa dun valor esencial que aprendemos na aldea, o sentido de comunidade”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

10 feijooladron

e que fai o cocho de feijoo comendo aos seus congeneres

9 alá vai

Calquera que coñeza ao sr Cuiña de preto, sabe o que é: un figuras e un cretino.

8 Pedro Chemero Lopez

Penso que no PP consideran a Cuiña unha ovella descarriada que tivo éxito e queren que volva á súa casa. Esperemos que non polo ben do galeguismo.

7 Louzanetti

Rafa: unha pregunta: pódese saber como se chama a axencia de publicidade que che proporciona os multinicks para dicir por aquí o juapo, intelixente e ata alto que es. Necesito que me fagan unha campaña de imaxe

1 A que fode

Creo que se chama democraci

2 Louzanetti

AAAAh..Eu diría que se chama cazetti, unte e comissioni. Ou non?

3 Corleonetti

Eu teño outra pregunta, zanetti ( coma as cafeteiras) : ¿Cómo se chama o voso padriño? Dende o primeiro comentario desta noticia vése de qué pé(pé) coxeades. Por iso interesa saber se a fariña da tanto para tanto comentario interesado ou sodes tan pepesoeiros que o facedes de balde. Porque, se teño algo clariño eu é que só os mafiosos e as prostitutas teñen una linguaxe semellante á vosa, e os dous saen do mesmo caldeiro: os falanxistas que non sabían ler nin escreber e que había que recompensar por "servicios" prestados.

6 Xoancinho 185

Rafa Cuiña representa a revolución do sentido común!