Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2024 | Actualizada ás 12:34
Cada galego xerou unha media de 416,9 quilos de lixo en 2022, 11 quilos menos (-2,7%) que en 2021, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Esta cifra supón a cuarta menor cifra por comunidades, cunha media de 482 quilos en España. Pola súa banda, Illas Baleares xerou a maior cantidade de residuos por persoa (662,1 quilogramos) en 2022 e A Rioxa a cifra máis baixa (403,7 quilogramos).
En total, os galegos xeraron 1,23 millóns de toneladas de residuos en 2022, repartidos entre 933,7 miles de toneladas de residuos mesturados; 50,6 milones de toneladas de vidro; 40,9 miles de toneladas de papel e cartón; así como 32,4 miles de envases mixtos.
Así consta na 'Estatística sobre recollida e tratamento de residuos' que sitúa a Andalucía (4,8 millóns de toneladas), Cataluña (3,5 millóns) e Comunidade de Madrid (2,8 millóns) como as comunidades que recolleron máis residuos urbanos en 2022.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.