O PSdeG apoia a Teresa Ribera como vicepresidenta para a Transición Limpa da UE

"O PP e os eurodeputados galegos situáronse coa ultradereita e os inimigos de Europa. É inconcibible, ridículo e contrario aos intereses de Galicia e da cidadanía galega", manifestou o eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2024 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O PSdeG-PSOE, a través do eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, deu este mércores a súa confianza á nova Comisión Europea, na que a exvicepresidenta terceira do Goberno, Teresa Ribeira, xogará un papel destacado como número dous ao ostentar a vicepresidencia para a Transición Limpa, Xusta e Competitiva.

Co seu voto afirmativo durante o pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo, o eurodeputado destacou que o PSdeG dá un voto de confianza á nova Comisión para facer fronte a un momento político complexo, que require que Europa salga urxentemente da interinidade e conte cunha Comisión en plenas capacidades a partir de 1 de decembro.

Deste xeito, nun comunicado, González Casares ha crticiado o "ridículo do PP español" ao votar en contra dunha presidenta, Ursula Von der Leyen, do seu propio partido e en contra dun acordo entre os principais partidos proeuropeos: EPP, S&D e Renew Europe.

"O PP e os eurodeputados galegos situáronse coa ultradereita e os inimigos de Europa. É inconcibible, ridículo e contrario aos intereses de Galicia e da cidadanía galega", manifestou.

Para o eurodeputado socialista galego, a actual Comisión "non é a mellor, pero é a mellor posible", de aí o voto favorable á mesma. "Votamos a favor por unha maioría a favor da Unión Europea, do Pacto Verde Europeo, polo desenvolvemento e protección das liberdades e por unha Europa que invista no seu desenvolvemento industrial", remarcou.

González Casares considerou "escandaloso" que o PP votase en contra dunha Comisión que, ademais, recupera, tal e como reclamaran os socialistas durante a campaña electoral, a figura do comisario de Pesca "e fai cinco anos votara a favor cando non o había". "Así demostra o PP galego o que lle preocupa o noso sector pesqueiro", finalizou.

Eurodeputados socialistas xunto á nova vicepresidenta para a Transición Xusta da UE, Teresa Ribeira. PSOE
Eurodeputados socialistas xunto á nova vicepresidenta para a Transición Xusta da UE, Teresa Ribeira. PSOE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta