Reclaman eliminar máis barreiras no Día Internacional das Persoas con Discapacidade

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, avanzou que a Xunta traballa para ter listo en 2025 un protocolo específico para a atención de mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2024 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, avanzou que a Xunta traballa para ter listo en 2025 un protocolo específico para a atención de mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero.

O anuncio tivo lugar no marco do acto institucional organizado por Cermi Galicia na Cidade da Cultura con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, segundo recolle un comunicado.

Alí, a conselleira reiterou o compromiso da Xunta coa atención ás persoas con discapacidade, un traballo que "non sería posible se non se contase coas entidades sociais como grandes aliadas" para velar polo benestar "as 24 horas e os 365 días do ano".

Coa meta de "seguir avanzando cara a unha Galicia máis xusta e inclusiva", García tamén sinalou que en 2025 poranse en marcha novas prazas públicas, entre as que destacou a creación dunha residencia para persoas con trastornos do espectro autista en Friol.

Outro dos aspectos resaltados pola conselleira foi a ampliación da rede de atención temperá, que atende na actualidade a máis de 5.000 nenos, ou seguir apostando polo acceso ao mundo laboral e a oferta deportiva, de cultura inclusiva e de tempo libre accesible a toda a sociedade.

COGAMI

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, Cogami reivindicou máis avances para continuar eliminando as "múltiples barreiras" ás que aínda ten que facer fronte o colectivo.

Entre a lista de demandas expresadas nun comunicado sitúanse o acceso á vivenda, a educación, o emprego ou a saúde, o lecer e a cultura, así como fomentar a eliminación da discriminación por razóns de discapacidade, algo que sofren "aínda máis" as mulleres e nenas "quen se enfrontan a unha discriminación interseccional que acentúa as desigualdades".

"A sociedade debe tomar conciencia de que moitas persoas con discapacidade e as súas familias viven a súa vida marcada polo incumprimento dos seus dereitos. O dereito a vivir de maneira autónoma e independente require unha sociedade libre de barreiras físicas, mentais, sociais e psicolóxicas", sinalou o presidente de Cogami, Anxo Queiruga.

CC.OO.

Pola súa banda, Comisións Obreiras Galicia tamén aproveitou o día para reclamar avances na garantía do dereito constitucional ao traballo das persoas con discapacidade, que aínda padecen unha "brecha" no acceso ao mercado laboral.

Segundo recolle un comunicado, o sindicato advirte que a taxa de actividade entre as 131.400 persoas con discapacidade en Galicia é do 29,9%, case 48% puntos por baixo da media das persoas sen discapacidade.

Desta forma, só 24 de cada 100 persoas con discapacidade contan con emprego (23,7% de taxa de emprego fronte ao 69,2% entre as persoas con discapacidade" e as taxas de paro son 9,9 puntos superiores ás da poboación sen discapacidade. Ante estas cifras, Comisións reclama ás administracións que adopten medidas para velar polo dereito de todas as persoas a un traballo.

A Xunta promete un protocolo específico para a atención a mulleres con discapacidade vítimas de violencia de xénero. ANA VARELA / XUNTA / Europa Press
A Xunta promete un protocolo específico para a atención a mulleres con discapacidade vítimas de violencia de xénero. ANA VARELA / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta