Anuncio expréss de Rueda: Nova edición do Bono Comercio para esta mesma ponte de decembro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2024 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta porá en marcha unha nova edición do Bono Activa Comercio durante a ponte de decembro.

O máximo mandatario autonómico fixo este anunciado durante a sesión de control da Cámara galega, na que destacou que serán 2,5 millóns que se engadirán á última edición do pasado mes de novembro.

"Para que se poidan seguir movendo os autónomos, para que a xente que o descargou e non o puido utilizar, utilíceo", manifestou para destacar que o obxectivo é que "se mova a economía". "Iso é gobernar", trasladou en resposta a unha pregunta formulada polo secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

Bono Activa Comercio, Xunta de Galicia
Bono Activa Comercio, Xunta de Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta