Disparan nun ollo cunha arma de balotes a un veciño de Cangas

A Garda Civil de Pontevedra detivo e puxo a disposición xudicial tamén en Cangas ao fillo e a neta dunha anciá falecida por un "déficit alimentario severo".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/12/2024 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

Un home recibiu un disparou nun ollo dunha arma balotes o pasado sábado, 30 de novembro, no municipio pontevedrés de Cangas. Fontes da Garda Civil explican a Europa Press que se investiga este suceso para determinar ao autor do disparo. Polo momento non se produciron detencións. O posto da Garda Civil de Cangas recibiu aviso ás 20.45 do sábado por unha agresión con arma de fogo. No lugar atopábase un home tendido no chan. A vítima foi trasladada ao hospital Povisa, onde permanece ingresado, cun balinazo no ollo.

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil - Arquivo

DOUS DETIDOS E UN INVESTIGADO POR HOMICIDIO IMPRUDENTE

A Garda Civil de Pontevedra detivo en Cangas ao fillo e a neta dunha anciá falecida por un "déficit alimentario severo", aos que se investiga por un presunto delito de homicidio imprudente ao non prestar a asistencia adecuada á muller coa que vivían no mesmo domicilio. Así o confirmou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, quen precisou que tamén se investiga ao marido da falecida, unha persoa maior "con graves problemas de saúde", polo mesmo delito.

Os feitos, segundo explicou, están relacionados coa morte en "circunstancias sospeitosas" dunha anciá de 78 anos de idade coa que convivían nunha situación doméstica "moi precaria". A muller, engadiu, atopábase encamada debido á súa mobilidade reducida. Tras o seu falecemento, o pasado 3 de novembro, a autopsia determinou que a causa fundamental da morte fora un "déficit alimentario severo". Por este motivo, a Garda Civil investiga as posibles responsabilidades destes dous familiares que quedaron en liberdade tras tomárselle declaración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta