Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/12/2024 | Actualizada ás 17:57
Este mércores ingresará na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España (RAC) María Antonia Señarís Rodríguez, do equipo UDCSólidos do CICA da Universidade da Coruña (UDC).
Señarís, (Santiago de Compostela, 1965) traballa en crear novos materiais refrixerantes que substitúan aos actuais gases e que supoñerían unha alternativa máis ecolóxica.
No acto que terá lugar na sede da RAC en Madrid, lerá o seu discurso de ingreso titulado 'Da Química do Estado Sólido ás perovskitas e outros materiais de interese tecnolóxico'.
Noutra orde de cousas, o grupo de Visión Artificial e Reconomiento de Patróns da Facultade de Informática da UDC será o coordinador do paquete de traballo de Intelixencia Artificial relacionado cos casos de uso en contorna en real en diversos sectores no proxecto europeo Achilles.
Esta iniciativa europea está composta por un consorcio de 16 organizacións punteiras para desenvolver un proxecto dedicado a remodelar o futuro de Intelixencia Artificial facéndoa "máis ética, explicable, robusta e segura".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.