Recollen unha cría de lobo mariño en Camelle

O exemplar foi levado ao centro de recuperación da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños - CEMMA. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Camelle | 22/02/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Un novo exemplar de lobo mariño cincento foi atopado na costa galega, desta vez, en Camelle (Camariñas). Trátase dunha cría que foi localizada na mañá deste domingo buscando refuxo e que presentaba un corte no lombo.

Lobo mariño atopado en Camelle.
Lobo mariño atopado en Camelle. | Fonte: Diego Alonso Freire en Youtube.

Membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños - CEMMA acudiron ao lugar para levar o exempar ao seu centro de recuperación, en Nigrán.

Este é o segundo lobo mariño rescatado nas últimas dúas semanas pola CEMMA. Hai catorce días morría o exemplar atopado na praia de Bens, na Coruña, o pasado 4 de febreiro.

Velaquí un vídeo da chegada do lobo mariño atopado en Camelle.

As chegadas destes animais á nosa costa non son estrañas. De feito, estamos en época de varamentos. Así, entre os pasados meses de novembro foron localizados outros cinco exemplares, dous deles, mortos.

A CEMMA vén avisando aos cidadáns, a través das redes sociais e dos medios de comunicación, de como actuar ante estes animais no caso de atopalos. Xeralmente, son crías de dous a tres meses que buscan refuxo na costa, esgotados e/ou feridos.

As Unidades Móbiles da CEMMA manteñen unha atención permanente dos avisos de varamentos para o caso de asistencia inmediata fronte a calquera eventualidade.

Para iso conta co número activo 24 horas ao día 686 98 90 08 e coa conexión directa co teléfono de emerxencias 112 SOS Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta