A poboación de Galicia mantense case sen variación: creceu un 0,24 % en 2024, ata os 2.705.833 residentes

A poboación de España situouse en 48.619.695 habitantes a 1 de xaneiro de 2024, cun crecemento de máis de 500.000 persoas nun ano. O 13,4 % da poboación tiña nacionalidade estranxeira e o 18,2 % nacera fóra de España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2024 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A poboación de Galicia mantense case sen variación (+0,24 %) a 1 de xaneiro de 2024 (en comparación co ano anterior), cun total de 2.705.833 residentes, deles 1.301.744 homes e 1.404.089 mulleres. Así o recolle o censo anual de poboación que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE). Por provincias, á Coruña correspóndenlle 1.128.449 habitantes, a Pontevedra 947.869, a Lugo 325.048 e a Ourense 304.467.

En termos xerais, a poboación de España situouse en 48.619.695 habitantes a 1 de xaneiro de 2024, cun crecemento de máis de 500.000 persoas nun ano. O 13,4 % da poboación tiña nacionalidade estranxeira e o 18,2 % nacera fóra de España. Os maiores aumentos de estranxeiros durante 2023 déronse entre os cidadáns de Colombia (124.566 máis), Perú (47.598) e Venezuela (47.095). Torrevieja, Arrecife e Granadilla de Abona foron as cidades con maior crecemento poboacional relativo en 2023.

Xente, persoa, persoas, paseando, paseo, turistas, turismo, xubilados
Xente, persoa, persoas, paseando, paseo, turistas, turismo, xubilados | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta