Rosa Cedrón, nova académica numeraria da Real Academia Galega de Belas Artes

"Vivimos nun tempo onde ao música, que ten a capacida de transcender o físico e tocar o máis profundo do noso ser, corre o risco de ser reducida a unha simple ferramenta de consumo e de manipulación social", declarou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2024 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A cantante e violonchelista Rosa Cedrón Fernández ingresou ese sábado na Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), como académica numeraria da sección de Música. Así, nun acto celebrado no auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña, Cedrón pronunciou un discurso no que destacou que asume a distinción con "respecto, responsabilidade e un profundo compromiso".

Así mesmo, lembrou a dous membros da Academia, xa falecidos, Rogelio Groba e Mercedes Goicoa, que deixaron nela unha "pegada inesquecible" e un "sentimento eterno de agradecemento". Cedrón fixo referencia á súa infancia e lembrou que na súa casa "nunca faltaba a música" e a súa familia formou, para ela, "o centro musical" da súa infancia.

Tamén fixo unha reflexión sobre o futuro da música que, actualmente, enfróntase a grandes desafíos. "Vivimos nun tempo onde ao música, que ten a capacida de transcender o físico e tocar o máis profundo do noso ser, corre o risco de ser reducida a unha simple ferramenta de consumo e de manipulación social", declarou.

Cedrón, acompañada polo seu irmán Javier Cedrón ao violín e polo pianista Juanjo Fernández, pechou o acto cun recital no que interpretou varios temas destacados da súa traxectoria como son 'Makedonsko', peza tradicional de Macedonia; e "Miña nai Lúa", unha das súas primeiras comisións; e, finalmente 'Negra Sombra' e 'Negro Carabel' para homenaxear a poesía de Rosalía de Castro.

Rosa Cedrón ingresa como académica numeraria a Real Academia Galega de Belas Artes
Rosa Cedrón ingresa como académica numeraria a Real Academia Galega de Belas Artes | Fonte: REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta