Un lavapratos incendiado obriga a intervir aos bombeiros nunha vivenda de Boiro

Segundo informou o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, o inmoble afectado atópase no lugar de Beluso da parroquia de Bealo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2025 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O servizo de bombeiros sufocou o incendio declarado na mañá deste xoves na cociña dunha vivenda situada no municipio coruñés de Boiro. Segundo informou o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, o inmoble afectado atópase no lugar de Beluso da parroquia de Bealo. Ata alí mobilizáronse efectivos do parque de bombeiros de Boiro, que apagaron as chamas iniciadas no lavapratos e que se estenderon polo resto da cociña.

Incendio nunha casa de Boiro
Incendio nunha casa de Boiro | Fonte: BOMBEIROS A Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta