Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2025 | Actualizada ás 15:17
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, volveu reclamar este luns o traspaso a Galicia das competencias de meteoroloxía para "prestar un mellor servizo á cidadanía" nun tema "sensible". Rueda pronunciouse deste xeito ao ser preguntado este luns polo feito de que a Aemet, dependente da Administración central, e Meteogalicia tivesen distintos tipos de avisos ante o temporal que afecta nestas xornadas a Galicia.
Respecto diso, insistiu en que Galicia quere esta competencia para "prestar un mellor servizo" aos cidadáns. "Os medidores, as capacidades técnicas que ten Meteogalicia son moi potentes e por tanto, creo que temos capacidade para emitir eses ditames", afirmou. Con todo, puxo en valor a coordinación dos técnicos da Aemet e de Meteogalicia ante o episodio meteorolóxico adverso que afecta á Comunidade galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.