Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2025 | Actualizada ás 14:02
A Xunta publicou este venres, no Diario Oficial de Galicia (DOG), as axudas para contratos posdoctorales, tanto de nova incorporación como de continuidade.
Estas convocatorias, dotadas con case 20 millóns de euros, financian ata 2031 o traballo de profesionais xa doutorados co obxectivo de que establezan unha liña de investigación "e que, de cara o futuro, poidan consolidar a súa traxectoria no sistema de I+D+i galego", explica o Executivo galego.
Poderán ser beneficiarias destas axudas, as universidades públicas do Sistema Universitario Galego (SUG), os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur), e os centros do Consello Superior de Investigacións Científicas.
Estes deben estar radicados en Galicia e sempre que contraten ás persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do que a persoa seleccionada quedará vinculada á devandita entidade.
Con iso, o investimento en vigor por parte do Goberno galego para estes investigadores supera os 55 millóns para case 300 contratos. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP ten aberto ata o 28 de febreiro o prazo para solicitudes, o que permitirá que 73 novos doutoramentos poidan desenvolver o seu proxecto de investigación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.