A innovación de pemes en materia de proceso de negocio alcanza o 24,66% en Galicia, cunha brecha aínda maior coa UE, onde se eleva ao 41,24%. En España, esta taxa supón o 26,19%
  comenta   0
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaba de iniciar unha colaboración con Labiana, laboratorio farmacéutico especializado en saúde animal e humana.
  comenta   0
Miguel Calvo é profesor no centro CIFP Ferrolterra e xunto cun colega, Carlos Pérez e a colaboración de alumnos e outras persoas deseñaron e crearon unha máquina para o lavado do grelo. A máquina foi presentada no Fpinnova 2024 mostrando innovacións como reciclaxe da auga, limpeza por aire e desinfección por luz ultravioleta. Está en fase experimental e quen queira dispoñer dela pode contactar co centro CIFP Ferrolterra para probala nos seus terreos.
  comenta   0
Galicia Confidencial comeza a publicación dunha serie de artigos de sociólogos, politólogos, ex políticos e profesores universitarios, entre outros, nos que tenta analizar o que acontece en Galicia desde o punto de vista electoral. Unhas reflexións que tentan afondar na socioloxía do pobo galego e nas estratéxias políticas para tentar entender o que, elección tras elección, acontece neste país. O segundo artigo é Marcelino Fernández Mallo, economista, escritor e con ampla traxectoria no sector financeiro.
  comenta   0
Expertos galegos e do Norte de Portugal conclúen que é necesario potenciar o cultivo do pino do país (pinus pinaster) para o seu aproveitamento de cara ás novas demandas na construción e outros sectores. Os primeiros pasos a dar para unha revalorización do cultivo desta árbore serían uns prezos xustos pola madeira, o desenvolvemento dun tecido I+D+i arredor desta árbore e incentivar a construción de vivenda en madeira.
  comenta   1
Unha iniciativa de I+D financiada con 2,2 millóns de euros de fondos Feder na que participan 16 universidades, centros de investigación, así como outras entidades públicas e privadas.
  comenta   0
A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades visitou o museo Domus da Coruña xunto á alcaldesa da cidade no marco das actividades polo 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
  comenta   0
As ofertas de emprego caeron en Galicia case un 25 % en decembro, case o dobre que os datos a nivel estatal, que alcanzaron as 153.614 vacantes, o que supón un 12 % menos respecto ao mesmo mes do ano anterior e un 29 % menos fronte a novembro, segundo datos de Infojobs.
  comenta   0
O sector do traballo autónomo reclama cambios tanto de fondo como de forma. Existen unha serie de necesidades como son cambios nos tramos de cotización, no acceso a subsidios de desemprego e xubilacións dignas. Outros factores que ven necesarios son a formación en áreas específicas e sobre todo a dixitalización do sector, punto este que parece irse introducindo moi lentamente.
  comenta   0
A actual Xunta de Galicia mudou as prioridades da Consellería de Economía e Industria. O Executivo galego está máis centrado en facilitar e axudar na tramitación de grandes proxectos industriais que en fomentar a innovación ou os centros mixtos de investigación entre universidades e empresas. Un feito que está provocando tensións na propia Xunta e que puxo en alerta xa aos principais grupos de investigación en Galicia.
  comenta   0
O Grupo Coren prepara a compra de castaña destinada á alimentación dos porcos da súa Gama Selecta, nun ano no que os resultados da colleita non acompañaron.
  comenta   0
A reciclaxe dos compoñentes dun muíño eólico supón a reutilización dun 70% dun destes enxeños. Desde o uso na industria do metal, pasando pola reutilización de pezas mecánicas e eléctricas como recambios para outros muíños, até o uso das pas como pezas de construción naval ou reciclaxe para novos materiais. A UE está traballando nun marco legal para esta reciclaxe.
  comenta   1
O Diario Oficial de Galicia publica este venres a orde pola que se crea e regula o Consello Técnico Asesor en Intelixencia Artificial e Espazo de Datos do Sistema Público de Saúde de Galicia e establécese a súa composición, organización e funcionamento.
  comenta   0
Un informe da Asociación Española Contra o Cancro sobre Galicia tamén detectou un baixo número de ensaios clínicos en fases temperás (I e I/II), por baixo da tendencia nacional.
  comenta   0
Sitúa a captación de alumnos e o financiamento entre os retos das universidades galegas para o futuro. Mentres, Alfonso Rueda pon en valor a "excelencia" do sistema universitario galego e apela a prestar "máis atención" á investigación.
A Xunta presentou este mércores a Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, da que forman parte as Consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Sanidade, así como a Amtega, as tres universidades galegas e varios centros tecnolóxicos, e que ten como finalidade establecer unha rede de colaboración para facilitar o desenvolvemento e liderado galego neste ámbito.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, di que Innogal busca "ser garantía de que hai o investimento público necesario en materia de investigación" e que o tempo para o desenvolvemento normativo sería dun ano.
  comenta   0
Crea un consello empresarial que coordinará accións no sector aeroespacial a través de colaboración público-privada.
  comenta   0
No acto de firma estiveron presentes o presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, o reitor da Universidade, Manuel Reigosa e a vicerreitora do Campus de Ourense, Elena Rivo.
  comenta   0
Así o asegurou o alcalde da urbe, que xunto a Matogueira e a súa homóloga en Lugo entregaron o título de Ferrolán do Ano e as insignias de ouro este sábado nos actos do patrón da cidade, San Xiao.
  comenta   0
O alcalde, Ángel Mato, reiterou que o lugar idóneo é o Centro de Innovación e Servizos da Cabana, pero admitiu que hai outros "dispoñibles" como "o antigo edificio da Cámara de Comercio".
  comenta   0
O Campus Terra identifica e desenvolve elicitadores naturais do castiñeiro fronte á ‘avespiña’ co proxecto ‘Go Delicas’.
  comenta   0
Do conxunto de científicos seleccionados, 90 deles iniciarán o seu labor investigador nas universidades galegas, a razón de 11 na da Coruña, 64 na de Santiago e 15 na de Vigo.
  comenta   0
Zona Franca de Vigo e a Universidade de Vigo presentaron este mércores o Informe económico e de competitividade Ardán.
Mesmo dende o escepticismo total, un non consigue comprender a cegueira do goberno galego respecto dos fondos Next Generation e o sector agrario do país. Porque a situación da alimentación en Galicia é xa dunha gravidade inusitada.
  comenta   0