A USC, entre as universidades españolas con maior rendemento en I+D, taxa de éxito académico e transferencia

.Así se desprende da décima edición do ranking sobre as universidades españolas que vén de publicar a Fundación CYD (Coñecemento e Desenvolvemento).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2023 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense entre as universidades españolas con mellor taxa de rendemento nos campos da investigación e transferencia de coñecemento, no relativo a concesións de patentes, ingresos por licenzas, publicacións internacionais con elevado nivel de citacións e creación de spin-offs, así como en captación e liquidación de fondos.

Así se desprende da décima edición do ranking sobre as universidades españolas que vén de publicar a Fundación CYD (Coñecemento e Desenvolvemento) e no que se recollen datos do conxunto de España, por comunidades e universidades. De feito, na elaboración deste estudo están incluídos datos de 80 universidades públicas e privadas, á vez que se analizan resultados de 29 ámbitos de coñecemento e 3.266 titulacións.

O traballo sitúa á institución académica compostelá entre as universidades españolas con máis publicacións altamente citadas e con máis patentes por profesor e investigacións citadas en patentes e tamén entre as que captan máis ingresos por licenzas.

Ademais, no último informe da Fundación CyD, a USC figura entre o grupo das universidades españolas que presenta mellores rendementos no que se refire á captación e liquidación de fondos externos para o desenvolvemento de actividades de I+D+i non ligadas ás transferencias correntes do Goberno e na media de publicacións por profesor.

No capítulo relativo a medir a taxa de éxito nos procesos de ensino e aprendizaxe, o caso da USC sitúase no grupo de cabeza das universidades españolas cuxo alumnado matriculado en titulacións de grao termina este período de formación con taxas de éxito máis altas no período de tempo normativo.

Antonio López e Victoria Otero
Antonio López e Victoria Otero | Fonte: USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta