Abren convocatorias para estancias de investigación na Eurorrexión Galicia-Portugal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2022 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abriu esta semana novas convocatorias para estancias de investigación e para publicacións científicas co progama Iacobus, enfocado a persoal investigador pre e posdoctoral, docente (PDI) e de administación e servizos (PAS) das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O programa, explica o Goberno galego nun comunicado, está promovido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión.

As candidaturas poderán presentarse ata o 16 de decembro a través da plataforma da páxina web iacobus.gnpaect.eu. Ademais do persoal investigador, docente e de administración e servizos, nesta convocatoria poden participar tamén xestores de innovación e técnicos de I+D dos centros tecnolóxicos, mentres que un 5% das estancias resérvanse para persoas con diversidade funcional.

Nestas convocatorias 2022-2023 o investimento ascende a 200.000 euros, dos que 150.000 destínanse a estancias de investigación e 50.000 a publicacións científicas.

O presidente da Xunta,Alfonso Rueda, na inauguración do congreso internacional 'Iacobus Mundi: cidades e territorios xacobeos do mundo'.. XUNTA
O presidente da Xunta,Alfonso Rueda, na inauguración do congreso internacional 'Iacobus Mundi: cidades e territorios xacobeos do mundo'.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta