Un dron "Made in Galicia" para monitorear a fauna e flora mariñas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2024 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e a compañía Avincis completaron con éxito as primeiras probas dun novo sistema para monitorar e controlar a biodiversidade en ecosistemas fluviais e mariños con vehículos non tripulados. Os ensaios tiveron lugar no encoro da Baxe, en Caldas de Reis e tal e como explica o Goberno galego nun comunicado, o proxecto forma parte do programa conxunto de I+D que Xunta Avincis desenvolven na UAVs Initiative.

O seu obxectivo é dotar aos servizos de control de calidade das augas en rías, estuarios e cursos fluviais das vantaxes das tecnoloxías non tripuladas, "permitindo monitorar os impactos sobre a biodiversidade de ecosistemas mariños e fluviais".

Na realización das probas empregouse un pequeno vehículo de superficie non tripulado e multifuncional, dotado cunha sonda que permite medir parámetros como temperatura, condutividade, profundidade, osíxeno disolto, materia orgánica, PH, clorofila ou turbiedade, entre outros, "fundamentais para monitorar a poboación de fitoplancto e a saúde do ecosistema natural".

O vehículo conta cun sistema de toma de mostras, cun sónar de varrido lateral que facilita o cartografiado do fondo mariño e permite identificar diferentes tipos de pradarías distribuídas nas rías e estuarios, "cun alto valor ecolóxico". As características do vehículo non tripulado permiten a súa utilización en zonas protexidas sen comprometer a biodiversidade e sen causar danos nin nos chans nin na calidade da auga.

Ademais, conta con dimensións reducidas (160x70x40 cm), calado pouco profundo, comunicación en tempo real con centros de control e outros drones con alcance de ata 8 quilómetros, alta duración da batería (seis horas) e uso dun sistema de propulsión eléctrica por hélice de chorro de auga.

Proba do novo vehículo non tripulado, dron, para monitorar a biodiversidade fluvial e mariña. XUNTA DE GALICIA
Proba do novo vehículo non tripulado, dron, para monitorar a biodiversidade fluvial e mariña. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta