Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2023 | Actualizada ás 13:53
A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, reivindicou a "ampla actividade" que desenvolve o centro galego de innovación neste ámbito situado en Ourense, a pesar do seu "curto período de vida". Así, en menos dun ano, destacou, a preguntas do PP en comisión, que está "a desenvolver unha folla de ruta" con "unha ampla actividade" e en concreto "actuacións en catro áreas".
Como mostra de proxectos concretos, a directora xeral mencionou tres de I+D postos en marcha (un de economía circular relacionado coa auga para converter residuos en recursos de alto valor engadido, outro para dar servizos innovadores a empresas de gastronomía, enoloxía e turismo e o terceiro para atopar solucións que aproveiten as correntes de aire en vehículos eléctricos) e tamén apuntou a dous que se uniron recentemente.
Estas últimas son iniciativas, segundo explicou, de fomento de robots con utilidade ambiental (contra incendios, inundacións, etcétera) e para o deseño de vestiario e novos materiais para profesionais do mar, na que está implicada, entre outras, Roberto Verino.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.