"Hai que coidar as rías, que están cheas de merda!", bérranlle ao conselleiro do Mar

Foi na Praza de Abastos de Santiago mentres presentaba o Bono Peixe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2025 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

Un home increpou ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante a súa comparecencia aos medios de comunicación na súa visita este mércores á zona de pescadería do Mercado de Abastos de Santiago, ao berro de: "Hai que coidar as rías que están cheas de xurros e de merda!".

O titular de Mar tivo que deter a súa intervención sobre a iniciativa do 'Bono Peixe' durante uns segundos pola interrupción do home que lle reclamou o estado das rías galegas denunciando que "moito falar, pero as rías están contaminadas".

Así mesmo, o home, que se atopaba mercando neses momentos, dirixiuse ao conselleiro referíndose  ás minas galegas como "culpables" da contaminación do ecosistema e isto, denunciou, "non se arranxa dando diñeiro".

O conselleiro de Sanidade visitou este mércores o Mercado de Abastos de Santiao
O conselleiro de Sanidade visitou este mércores o Mercado de Abastos de Santiao | Fonte: Europa Press

BONO PEIXE

Os comentarios tiveron lugar durante a presentación do 'Bono Peixe' que o conselleiro dixo que se activará nas próximas semanas, "antes do verán", e volveu a reiterar ao Goberno central a esixencia de que baixe o IVE do peixe para incentivar á poboación a realizar un maior consumo.

Durante a súa visita ao Mercado de Abastos de Santiago este mércores, o conselleiro visitou os distintos postos da pescadería falando cos traballadores das súas necesidades e inquietudes. Nas súas declaracións aos medios de comunicación, o titular de Mar salientou a "importancia do sector pesqueiro" e explicou que esta iniciativa pretende fomentar a venda e o consumo de peixe fresco, porque é unha proteína "moi saudable, sobre todo para os nenos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta