Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/10/2006
Pero tamén vos pedimos desculpas por que non haxa unha actualización periódica ou exclusivas todos os días. A xente que estamos nisto facemolo voluntariamente, perdendo do noso tempo libre e, ás veces, aguantando as críticas de colegas, institucións e partidos políticos. Aínda así non nos desanimamos e seguiremos contando aquilo que cremos que debe ser contado e chega á nosa redacción.
Agradecemos tamén as vosas aportacións e as vosas críticas. Sempre esta ben saber o que opinan os lectores que, ademáis, sodes de todas as tendencias políticas ou ideolóxicas. Está ben compartir opinións aínda que vos pedimos que sexan constructivas. Falando sempre nos imos chegar a entender. Un saúdo e un aperta a todos.