O lume arrasa co santuario de petróglifos de Compostela

Un incendio e o paso de maquinaria pesada para atallar as lapas danou 13 estacións de petróglifos en Villestro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/08/2016 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O pasado 28 e 29 de xullo un incendio forestal calcinou o Monte de San Miguel na Portela de Villestro e provocou importantes danos na área arqueolóxica máis importante do termo municipal de Compostela pola gran concentración de xacementos situados nesta zona da parroquia de Villestro. Nada menos que 13 estacións de petróglifos (os dez da Portela de Villestro, as dúas laxes dos Cortellos e a do Monte San Miguel) quedaron baixo as lapas e outra sufriu importantes danos polo paso da maquinaria na paraxe do Agro do Campo.

Petróglifo de Pedra do Lobo, en Villestro, Santiago, afectado por un incendio forestal
Petróglifo de Pedra do Lobo, en Villestro, Santiago, afectado por un incendio forestal | Fonte: A Rula

Todas estas estacións xa foran comunicadas tanto a Xunta de Galicia como o Concello de Santiago de Compostela polo Colectivo A Rula, a asociación que máis ten feito por poñer en valor estas manifestacións artísticas. Máis en Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Balbino Fernández

Olalla Rodil, a candidata perpétua do BNG (se non sae desta vana presentar para unha xunta de proprietários dunha comunidade de pisos), presenta dúvidas e no Sermos escreve indistintamente Vilestro e Villestro. Para ver o nível da xornalista candidata a deputada, que non é capaz de consultar o topónimo oficial da parroquia. Polo menos aquí saben cal é o correto.

1 Cruña

Balbino. ¿Qué relación ten o que falas coa nova do lume e os petroglifos? ? ?