Temas: PETRóGLIFO

Os petróglifos galegos tamén poden ser Patrimonio da Humanidade

Un grupo de especialistas pide ás institucións e partidos políticos que se mobilicen para que estas manifestacións artísticas acaden este recoñecemento para a súa total protección.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 07/10/2016 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O historiador Buenaventura Aparicio Casado, o arqueólogo Antonio de la Peña Santos e o antropólogo Rafael Quintía Pereira, acaban de presentar un informe no que piden a declaración dos petróglifos galegos como Patrimonio da Humanidade, precisamente, para que sexan protexidos.

Petróglifos de Os Mouchos /http://patrimoniogalego.net/
Petróglifos de Os Mouchos /http://patrimoniogalego.net/

Así, destacan que son elementos patrimoniais “moi sensibles” que demandan traballos de limpeza e mantemento para asegurar a súa conservación. “A proliferación do mato e da arboreda no seu entorno déixaos sen ningunha protección cando se producen incendios forestais, provocando as altas temperaturas a súa destrución pola ruptura das capas superficiais (termoclastia). As obras incontroladas e os traballos no monte sen adoptar medidas preventivas son outros dos riscos aos que están sometidos”, apuntan. Máis en HdG.

Temas: PETRóGLIFO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta