O xuízo da ‘Operación Campeón’, en outubro

A Audiencia Provincial de Lugo fixa as datas deste xuízo, que sentará no banco a 13 procesados, entre eles o principal implicado, o titular da empresa Nupel Jorge Dorribo, así como a dous ex-cargos do Igape e un ex-deputado do PP.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2017 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Lugo fixou para os días 24, 25, 26, 30 e 31 de outubro e o 2 de novembro o xuízo pola denominada 'Operación Campeón', que sentará no banco a 13 procesados, entre eles o principal implicado, o titular da empresa Nupel Jorge Dorribo, así como a dous ex-cargos do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica) e un ex-deputado do PP. Así o confirmaron fontes xudiciais, que engadiron que, ademais, se fixou para o 26 de setembro unha vista para abordar cuestións previas.

Jorge Dorribo, tras pasar polos xulgados de Lugo.
Jorge Dorribo, tras pasar polos xulgados de Lugo.

O sinalamento do xuízo prodúcese despois de que en xuño de 2016 o Xulgado de Instrución número 3 de Lugo decretase apertura de xuízo oral na 'Campeón', na que se investigou unha suposta fraude en axudas e subvencións do Igape, con exaltos cargos deste instituto de crédito dependente da Xunta e un ex-deputado do PP, entre outros, como acusados.

Concretamente, o xulgado decretou apertura de xuízo oral nesta operación, na que mantén a acusación formulada pola Fiscalía contra 13 persoas, mentres que a acusación particular exercida pola Xunta acusa a nove persoas e a feita pola Axencia Tributaria, só a unha, ao considerado xefe da trama.

Precisamente, para o principal investigado nesta causa, Dorribo, o xuíz pide unha fianza 621.610 euros para asegurar as responsabilidades pecuniarias e, para dez persoas procesadas, un total de 3,9 millóns de euros que terán que repartir entre todos eles.

O principal delito que se perseguiu é a fraude contra a Facenda Pública, aínda que tamén se investigaron falsidade en documento mercantil, suborno, branqueo de capitais, delito contable e insolvencia punibles.

INVESTIGADOS E PETICIÓNS

O principal investigado é o empresario lucense Jorge Dorribo, a quen a Fiscalía atribúe varios delitos contra a Facenda Pública, falsidade documental, delito continuado de suborno, branqueo de capitais, delito contable e delito de insolvencias punibles. Está acusado de deseñar unha armazón para cobrar subvencións públicas.

A Xunta e a Axencia Tributaria tamén manteñen as súas respectivas acusacións contra Dorribo, entre elas, por varios delitos contra a Facenda Pública.

O Ministerio Fiscal tamén acusa aos ex-altos cargos do Igape Joaquín Varela de Limia e Carlos Silva, que asumiron os seus cargos no instituto de crédito galego e que foron apartados das súas funcións en 2011, ano no que no mes de maio foran detidas quince persoa en Santiago e Lugo no marco da 'Operación Campeón'.

A Fiscalía acusa a Carlos Silva, que era subdirector do Igape, de varios supostos delitos contra a Facenda Pública, do mesmo xeito que a Joaquín Varela de Limia, que era director xeneral do instituto de crédito. Ademais, o Ministerio Público acusa ao ex-deputado do PP de varios delitos contra a Facenda Pública e un delito de tráfico de influencias e suborno.

Con todo, a Xunta, da que depende o Igape, non formula acusación contra os dous ex-altos cargos nomeados durante o primeiro goberno de Alberto Núñez Feijóo, así como tampouco o fai contra o ex-deputado popular Pablo Cobián, quen deixou o seu escano no Parlamento de Galicia ao transcender a investigación.

Doutra banda, tamén seguen procesados dous socios de Arsenio M.P. e Carlos M.A., así como Marcos I.P., supostamente vinculado coas supostas facturas falsas, xunto con José Manuel E.F., que axudaría nas súas tramitacións a Dorribo. Ademais, Javier R.D. —vicepresidente de Proitec, unha das empresas da trama, xunto con Nupe—, Cristina Q.S., Araceli G.G., María Isabel F.P. e María Inmaculada A.T. tamén sentarán no banco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 BNHHHHg

Podemos observar que os detractores e calumniadores están "ben informados" pola prensa da dereita española.O BNG pagou nas urnas estas "noticias" con creces, hoxe estamos no 2017 e coa que está caindo os palmeiros españolistas ainda queren sacar rédito destas m erdas, Frijol contento como estivo cando gañou o goberno por primeira vez contrapronístico grazas as mentiras, esaxeracións e difamacións da prensa. As consecuencias ainda as pagamos hoxe.

3 Rosalía G

E que pasa con Bazarra ex alto cargo BNG da consellería de Industria, directivo dos negocios de Dorribo en Andorra?

2 xente con klasse

O ex amigo do Presidente da Audiencia de Lugo, que lle puxera a farmacia ó xenro "y que ahora no lo puede ni ver". E antes ata iban cun porteiro do Dépor facer negocios con moita Action e con moita Klasse.

1 b+fgk+

¿Que fixo Pilar de Lara co exConselleiro Fernando Blanco?

1 FRPU

Fernando Blanco? O da UpG? Imputado na Campeón? Non pode ser, ho.

2 ABRAIADO

Que pasada poderías escribir unha tese de tódalas meteduras de zoca do BNG, por certo Fernando Blanco foi inxustamente imputado pola mafia da dereita pero bueno sempre terán borreguiños coma ti para facerlle o traballo máis porco, de todos modos dimitiu e fin da historia.