A volta do alcalde díscolo á Deputación de Lugo recibiu a luz verde en Madrid

A Xestora estatal do PSOE presume de ter animado a reincoporación do alcalde de Becerreá e cre que isto non implica "ningunha cesión, ningún sacrificio, nin ningunha decapitación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A Comisión Xestora do PSOE en Ferraz "animou" a buscar o acordo para incorporar ao goberno da Deputación de Lugo ao alcalde díscolo de Becerreá, Manuel Martínez, selado o xoves co apertón de mans entre o presidente provincial, Darío Campos, e o novo vicepresidente da institución.

Darío Campos e Manuel Martínez anuncian a reincorporación do segundo ao Grupo Socialista e o seu nomeamento como vicepresidente da Deputación de Lugo
Darío Campos e Manuel Martínez anuncian a reincorporación do segundo ao Grupo Socialista e o seu nomeamento como vicepresidente da Deputación de Lugo | Fonte: EP

Así o manifestou este venres o portavoz socialista e ata o xoves vicepresidente provincial, Álvaro Santos, quen explicou que Martínez se incorpora ao goberno e tamén recupera a súa "adscrición" ao Grupo Provincial Socialista.

MÁIS DE CATRO MESES NEGOCIANDO

Santos, que se ocupará agora de Relacións Institucionais, compareceu en rolda de prensa na sede dos socialistas de Lugo. "A comisión xestora de Madrid animábanos a buscar un punto de encontro e aquel escenario onde puidésemos ser máis fortes e puidésemos ter máis capacidade de sacar adiante a nosa formulación", sostivo.

Ademais, explicou que este acordo con Martínez viña fraguando "desde finais de outubro" do pasado ano. Tamén corroborou que foi o xoves cando "se materializa a súa inclusión dentro da disciplina do Grupo Provincial Socialista e o grupo comunica á Deputación de Lugo a súa adscrición ao grupo".

Sobre o expediente de expulsión do PSOE que se abriu a Martínez por apoiar propostas do PP cando era deputado non adscrito, Santos puntualizou que se lle trasladará "esta situación de aceptación de todo o Grupo Provincial Socialista". "Pola nosa banda ese asunto está resolto", abundou.

"NINGUNHA CESIÓN"

Álvaro Santos foi ata o xoves vicepresidente da Deputación e tras o cambio de escenario insistiu en que non se produciu "ningunha cesión, ningún sacrificio, nin ningunha decapitación" sobre a súa persoa. Ademais, admitiu que sente satisfeito coa portavocía do grupo e levando a área de Relacións Institucionais e de Goberno Interior.

No entanto, Santos recoñeceu que a volta de Martínez "xerou controversias", mesmo "diferentes opinións no seo do partido socialista e fóra do seo do partido socialista", segundo concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 aqueloutro

A Xestora Federal imposta contra os votos da militancia, empurrados por Pepiño gasolinas, promove a quen traizoou ó seu partido e axudou a pór de presidenta da Diputación ao PP. Coma en Madrid: sanciona a quen votou NON a Rajoy e promociona a quen o apoiou. Vaia kaos Javier Fernández e Cía. E o de Darío... dá pena, chora que chora...

2 Eu mesmo

Mexan por nós e dicimos que chove. PSOE, tanto val a Deputación de Lugo que para manter o poder tragas con iste pequeno Rasputín???. Eliminación das deputacións galegas xa!!!. Os españois se as queren manter, eles mesmos!!!

1 expañita PPodrida

Ten toda a pintiña dun falanxista, dun que comercia coa miseria dos demais, que pola Galiza interior e tamen na outra, pero en especial na Galiza interior atopase moi espallada polo caciquismo, polo expañolismo e polo pepeiro, agora están domiñando autenticos fachas-socialistos en mandriles coa califa mangalucita, rouban e rouban, e o traidor Leitugas do sociato galego xa non di nada e outro da catadura do vello -Vieiras outro entregado, outro cipaio, outro lacaiuno da dereita de PPodreiros, repito dentro de EXPAÑA e imposible reforma algún-ha soamente queda a loita nacionalista para liberar este país, para traer algo de xustiza todo o demais é engano e trampa!