O Museo Nacional de Taiwán ofrece visitas en galego

A pinacoteca inclúe a lingua galega canda o inglés, castelán, vietnamita, tailandés, indonesio, xaponés, cantonés e coreano, nun programa especial sobre a súa historia

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/03/2017 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Inglés, castelán, vietnamita, tailandés, indonesio, xaponés, cantonés, coreano... e tamén galego. O Museo Nacional de Taiwán inicia en abril unha oferta de visitas de balde en diversas linguas, incluída a galega.

Museo Nacional de Taiwán
Museo Nacional de Taiwán | Fonte: Wikipedia.

A pinacoteca taiwanesa ofrecerá tours gratuítos de 30 minutos as fins de semana, durante os meses de abril e maio, neses nove idiomas.

O tema da exposición será "A Arquitectura e Historia do Museo Nacional de Taiwan (1908)", que cubrirá os máis de cen anos de historia do museo desde a súa creación, en 1908, informa Taiwan News.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 pollito7348

Con snaptube para descargar todo tiene una fácil solución.

2 Merucu Xusticieru

Nostrus !!!!!!!

1 Incrible

incrible, Taiwán amosa máis respecto pola nosa lingua que a nosa propia Administración...