Os traballadores de Elnosa, contra a Xunta, o Concello e o alcalde de Pontevedra

Os traballadores da empresa Electroquímica do Noroeste S.A. inician mobilizacións, comezando cunha protesta nas inmediacións da vivenda particular de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do BNG en Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2017 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

Os traballadores da empresa Electroquímica do Noroeste S.A. (Elnosa), preocupados porque a fábrica situada na ría de Pontevedra se vexa obrigada a cesar a súa actividade o 11 de decembro, iniciarán mobilizacións que comezarán o sábado 13 de maio cunha protesta nas inmediacións da vivenda particular do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, no lugar de Pazos, en Marcón. Segundo explicou o presidente do comité de empresa de Elnosa, Avelino García, despois dun tempo sen actividade reivindicativa para dar unha marxe ás autoridades e á vista de que a situación esta "igual que hai un ano", decidiron recuperar as mobilizacións. "Estamos nunha situación límite", engadiu.

Fábrica de Elnosa en Pontevedra
Fábrica de Elnosa en Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com

"Nós, os traballadores de Elnosa, sufrimos os escraches os 365 días do ano por parte do Concello de Pontevedra", xustificou Avelino García ante este xesto que "cremos que é necesario".

Aínda que as decisións sobre a continuidade de Elnosa son competencia da Xunta e do Goberno central, os traballadores dirixen as súas críticas ao Concello de Pontevedra, ao que acusan de non estar disposto a dialogar. Ademais o secretario de Organización de Comisións Obreiras, José Luís García Pedrosa, sostén que para realizar as obras na factoría química será necesaria a licenza municipal.

A mobilización do día 13 comezará ante as portas da fábrica, despois trasladarase á Delegación da Xunta en Campolongo e ao Concello. Como ambas as institucións estarán pechadas ao ser sábado, decidiron terminar nas proximidades da casa persoal do alcalde.

"TRATO IGUALITARIO"

Ademais, teñen previsto solicitar entrevistas coa subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, así como cos conselleiros de Medio Ambiente e Industria para pedirlles "un trato igualitario" ao que as administracións central e autonómica tiveron coa empresa Ence, coa que comparten espazo no complexo industrial de Lourizán.

Tamén pedirán un encontro cos responsables do grupo portugués CUF-Quimigal, propietario da clorera Elnosa, a quen instarán a que pidan un Plan Supramunicipal "como ten Ence".

Os traballadores afirman que a multinacional lusa mantén a súa pretensión de investir 50 millóns de euros en Pontevedra para eliminar o mercurio no proceso de elaboración do cloro, tal e como establece a normativa europea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Eu mesmo

Algún día as CCOO, o PC e a Marea de Pontevedra (o PP non paga a pena nin citalo), terán que explicar o seu apoio a unha empresa de enclave dos tempos do franquismo, que non só estragou a ría de Pontevedra, senon medio país inzandoo de eucaliptos. Non pode nin debe haber diálogo con istes terroristas ambientais.

4 John McNamara

Para mudalo todo....o alcalde bloqueiro de Pontevedra que se opone a unha empresa contaminante e de orixe de moitas enfermidades (non só cancro senon deficiencias respiratorias. Pontevedra, Poio e Marín son os concellos que máis fármacos se gastan na Galiza en tratamentos pulmonares). O sindicato das Mareas e de Podemos, para mudalo todo, facendo campaña a favor de ENCE, tamén apoiaron aos enchufados na deputación cando os bloqueiros decidiron quitarlles os seus privilexios concedidos polo PP para a realización de cacicadas. Si, para mudalo todo.

3 Argonauta

Pobres e Miserabeis Lepenianos de CCOOManosLimpias.....

2 Agetas das targetas

Fora ENCE, Fora Marea, Fora Comisiones Peperas, Fora Anova do vello xudas iscariote, fora lixo expañooollllllllll

1 FORA ENCE

As competencias sobre a saude da nosa Terra son de Madrid pero os mareantes de CC.OO vótanlle a culpa o Concello, sempre guiadiños por Alfonso Rueda, Luis Rei e Jacobo Moreira. Ence e Elnosa teñen que irse da ría xa, con beneficios de 60 millons de euros anuais logo de pagar millons os seus conselleiros dan para trasladalo e moito máis. Os traballadores outros enganados máis, se a empresa poidera prescindir deles estaban todos na rúa e as empresas subcontratas páganlle tarde e mal. ENCE-Elnosa E CCOO fora, ademáis nunca se preocuparon por reducir a contaminación, van o límite da legalidade ou incluso a traspasa.