Crece UPYD en Galicia a custa de Ciudadanos?

Esta formación saca peito e apunta que aumenta en afiliación en Galicia tras unha enquisa que apunta que teñen un 3,1% de intención de voto.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/08/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

Unión Progreso y Democracia (UPYD), o partido fundado por Rosa Díez, e que leva anos nunha travesía polo deserto, asegura que está crecendo en Galicia a costa de Ciudadanos. Unha boa saúde, di, que se reflicte en enquisas que apuntan a súa volta ao Congreso cun 3,1% de intención de voto.

Mozos con camisolas de UPyD
Mozos con camisolas de UPyD | Fonte: www.politicaxxi.net

Por iso, leva días cunha campaña na Coruña “para consolidar e aumentar a afiliación”, así como asentar a estrutura do partido en diversos municipios da provincia coruñesa. “Buscamos aos nosos próximos concelleiros e representantes. Queremos aumentar a nosa implantación nos principais municipios da Coruña, animados polo aumento da afiliación en Galicia e que algunhas enquisas nos volven a dar representación no Congreso”, sinala Javier Lojo, líder da formación en Galicia.

Por iso, fai un chamamento aos descontentos da política para que volvan confiar neste partido. “Buscamos a xente comprometida co seu municipio para poder defender propostas sólidas e honestas nas institucións”, sinalan desde UPYD.

Críticas a Ciudadanos

Neste sentido, critica directamente a Ciudadanos “por tentar roubarlles o legado político, pero carecendo da vontade política, principios e valores necesarios para poder facelo”. “Ciudadanos enganaron a moitas persoas que agora volven a UPYD e cóntannos a súa falta de democracia interna e outros chanchullos”, indicou Lojo

Actualmente, UPYD conta con 124 concelleiros repartidos por toda España e con representación no Parlamento Europeo, na figura da Eurodeputada Maite Pagazaurtundúa. En setembro, a formación agora liderada por Cristián Brown, cumprirá 10 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

10 anonimo

Lóxico. Non lle chega ó votante galego que mexen por el. Se lle ofrecen gratis o plus de que inda por riba os insulten, pois mercarán na oferta. Por certo "crecer" en castelán tradúcese como "medrar" en galego. O de "a custa" é coma una couce na retina.

9 nostrus

Pues que crezca UPyD es una buena noticia, pero no tan buena si lo hace a costa de C´s. En mi opinion los dos partidos deberian sumar remar en la misma direccion porque son partidos muy similares. A quien le debrian quitar votos es al nacionalismo cavernicola, supremacista y excluyente. Animo a UPyD y C´s.

8 Hg3g

En vez de alegrarnos de que estés grupos sean irrelevantes en Galicia, veñen os tontolais de sempre a meter o que sexa do BNG con calzador, veña ide durmir "Tontos útiles" do PP como vos chaman eles.

1 LKI

E o certo é que foi vostede quen meteu o BeNeGá con calzador ao falar dos "Tontos útiles do PP".

2 Aínda existe o BNG?

E tamén ó falar de "grupos irrelevantes".

7 Mejuto Confidencial

Coitados UPyD! Son tan páteticos coma os do BNyG cando se autoconsolan no Sermóns Mejuto fantaseando con que "medran" [sic]. UPyD e UPyG, tan entrañábeis coma lamentábeis.

1 Ciudadanía SL

A baixada da Marea del Podemos foi espectacular e nas proximas xerais aínda ides baixar mais. Vai ser interesante a pelexa entre Procesiones e o balnearista a ver quen encabeza na Curuña

2 comunista independentista

Non é por nada, (B)loquito del PP, pero a maior "baixada espectacular" nunhas xerais tívoa o que queda do teu Bloque recentemente, pasando de 183 mil votos a 70 mil, e a 44 mil despois na repetición. Pero claro, aquí non se consola o que non quere. XDDD

3 Reborainacursillista

Caro Komunista in?dependenTISTA: https://www.youtube.com/watch?v=8tX...

6 Txourizospepososnon

Aos da foto ficháronos para sacar a foto pola mañá de resaca...???? Menudos caretos...

1 anonimo

Home si, moito máis fisnos os da voda de Garzón. Non che hai comparación. http://www.hola.com/actualidad/2017...