Crece UPYD en Galicia a custa de Ciudadanos?

Esta formación saca peito e apunta que aumenta en afiliación en Galicia tras unha enquisa que apunta que teñen un 3,1% de intención de voto.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/08/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

Unión Progreso y Democracia (UPYD), o partido fundado por Rosa Díez, e que leva anos nunha travesía polo deserto, asegura que está crecendo en Galicia a costa de Ciudadanos. Unha boa saúde, di, que se reflicte en enquisas que apuntan a súa volta ao Congreso cun 3,1% de intención de voto.

Mozos con camisolas de UPyD
Mozos con camisolas de UPyD | Fonte: www.politicaxxi.net

Por iso, leva días cunha campaña na Coruña “para consolidar e aumentar a afiliación”, así como asentar a estrutura do partido en diversos municipios da provincia coruñesa. “Buscamos aos nosos próximos concelleiros e representantes. Queremos aumentar a nosa implantación nos principais municipios da Coruña, animados polo aumento da afiliación en Galicia e que algunhas enquisas nos volven a dar representación no Congreso”, sinala Javier Lojo, líder da formación en Galicia.

Por iso, fai un chamamento aos descontentos da política para que volvan confiar neste partido. “Buscamos a xente comprometida co seu municipio para poder defender propostas sólidas e honestas nas institucións”, sinalan desde UPYD.

Críticas a Ciudadanos

Neste sentido, critica directamente a Ciudadanos “por tentar roubarlles o legado político, pero carecendo da vontade política, principios e valores necesarios para poder facelo”. “Ciudadanos enganaron a moitas persoas que agora volven a UPYD e cóntannos a súa falta de democracia interna e outros chanchullos”, indicou Lojo

Actualmente, UPYD conta con 124 concelleiros repartidos por toda España e con representación no Parlamento Europeo, na figura da Eurodeputada Maite Pagazaurtundúa. En setembro, a formación agora liderada por Cristián Brown, cumprirá 10 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

5 anonimo

Eu o creo, os galegos sempre chegamos imos ao revés do resto, así que sei Ciudadanos medra en España e dos outros xa ninguén se acorda, aquí ao revés. Ata hai algún chiste en Arxentina sobre iso.

4 xavou

Noticia irrelevante, ambos son forzas marxinais e extraparlamentares, nen siquera teñen una alcaldía na Galiza, que isto sexa portada é de risa

3 Cativada

Bueh, sempre presta a liorta entre preas.

2 Nada pintan

Estes na Galiza non pintan nada, e Cs tampouco, se compiten é na marxinalidade, non digo que non haxa catro fachas que dubiden se botar a un ou outro pero pouco máis

1 sigan rindo parvos

expañopaletismo, miseria, dexeneracion, engano, estafa, e rirse do pobo a enquisa, debe ser feita polos amigos da marranenta coz de malicia, sempre despostos a apoiar calquer mamonada expañolenta e dexenerada... as ratas e o facismo sempre xurden en tempos de crise... UPyPP xa o dixo xa diño a dirixenta perpetua que ten a extransfuga sociolista a parva xa dixo o que eran os galegos comparandos co triste elemento o presidente zocalleiro... XA DIXO QUE ERA O PIOR DOS GALEGOS, aquí esta verdadeiramente o que pensa de nos a xentualla madrileñesca de UPyPP, a falta de democracia interna e outra como cando descabezaron o grupo de Ourense formado por moitos médicos... riense da xente o expañolismo, toda opción política que teña o seu centro de decisión en mandriles esta creada para roubarnos para estafarnos e para darnos polo C...