Coñece outros modelos de cooperación internacional

As Xornadas das Interdependencias péchanse cos exemplos de cooperación alternativa do Concello de Barcelona, Acampa e La Mundial.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/11/2017 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O ciclo de conferencias abertas -Xornadas das Interdependencias,  organizadas polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), péchase este martes baixo o título “Alternativas, outros modelos de cooperación internacional”.

As xornadas de #Cooperación Expansiva analizan a cooperación internacionl
As xornadas de #Cooperación Expansiva analizan a cooperación internacionl | Fonte: FB Cooperación Expandida

A sesión será presentada e moderada polo alcalde Xulio Ferreiro e contará coa participación de David Llistar, (Director xeral de Xustiza global e Cooperación Internacional do Concello de Barcelona e autor da obra de referencia en relación a novas dinámicas de pensamento en cooperación internacional “Anticooperación” 2009) Rubén Sánchez (Xornalista e activista polos DDHH en representación do movemento cidadá da Coruña, Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio) e Mar Correa (especialista en políticas de cooperación internacional feministas, do colectivo de creación política La Mundial  e directora da área de equidade de xénero da Axencia Andaluza de Cooperación Internacional ó Desenvolvemento  até 2015).

A sesión xirará en relación aos novos desafíos das políticas de cooperación internacional que tradicionalmente impulsa a administración local e con eles os novos enfoques de acción que apostan pola cooperación de banda ancha e a implicación e participación cidadá nas políticas públicas de cooperación internacional dende o local.

PROXECTO

As Xornadas das Interdependencias son parte do proxecto “Cooperación Expandida: A nosa cidade no S.XXI a nosa cidade cos Dereitos Humanos” que agora entra na súa última fase; coas derradeiras sesións da Aula Local de Cooperación (curso que realizan desde o 21 de setembro 33 participantes) e a preparación dos seus microproxectos prácticos e Eventos sectoriais finais a realizarse antes do nadal. A xornada terá lugar ás 20:00 no Centro Cívico dos Mallos, na Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta