O PP volve utilizar a un deputado díscolo do PSOE para desestabilizar a Deputación de Lugo

O organismo provincial viviu un dos plenos máis tensos dos últimos meses logo de que o aínda deputado socialista Manuel Martínez decidira romper a disciplina de voto do seu partido. Con todo, a deputación utilizará un informe dos seus xuristas para aprobar os convenios que garanten residencias para os lucenses.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 07/04/2018 | Actualizada ás 00:56

Comparte esta noticia

O PP e o deputado cuasi tránsfuga Manuel Martínez estiveron a piques, novamente, de rebentar un dos grandes acordos dos últimos anos na Deputación de Lugo; o que ía decidir a creación de varias residencias en distintos concellos da provincia. Pero, con todo, e tras unha deliberación e decisión conxunta dos letrados do organismo provincial, populares e Martínez non puideron tirar abaixo, de momento, este acordo.

Darío Campo, presidente da Deputación de Lugo
Darío Campo, presidente da Deputación de Lugo | Fonte: deputacionlugo.org

A deputación destacou que, grazas a esta acordo e consenso dos seus xuristas, poderá aprobar en Xunta de Goberno os convenios de deputación e concellos que garanten que os centros de maiores sexan construídos. De feito, a primeira sesión extraordinaria está convocada para o vindeiro martes. 

O Goberno da Deputación estudaba xa esta opción ante a posibilidade de que o Pleno Provincial non apoiase os convenios a pesares de que estes foron aprobados polos concellos nas súas respectivas sesións plenarias. Nalgúns casos por unanimidade, como aconteceu en Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil e Ribadeo, e noutros por maioría e coa abstención do Partido Popular, como sucedeu en Trabada, Pol e A Fonsagrada. Non contaron con ningún voto en contra. 

PLENO URXENTE

A sesión plenaria deste venres estaba convocada pola urxencia da aprobación dos convenios para poder continuar e axilizar a apertura dos centros de maiores e porque todos os asuntos que superen os 6 millóns (Orzamentos, Plan Único, POS...) teñen que ser aprobados polo Pleno. 

Reunión secretas entre Manuel Martínez e Elena Candia, do PP, nunha gasolinera do Corgo
Reunión secretas entre Manuel Martínez e Elena Candia, do PP, nunha gasolinera do Corgo

Os convenios están valorados en 7,1 millóns, que é o orzamento máximo que tería que achegar a Deputación para o funcionamento dos 6 centros e no caso do 100% da ocupación das 190 prazas de residencia e 90 de centro de día por lucenses con dificultades económicas que contarían con axudas económicas do organismo provincial para garantir o seu acceso ás mesmas. 

Os convenios recollen o modelo de xestión dos centros de maiores, que non existía. Este foi definido polo presidente provincial  e os alcaldes en múltiples reunións conxuntas cos Secretarios e Interventores da Deputación e os Concellos para acadar un modelo que cumpra a legalidade ante a nova normativa vixente en materia de contratación. “Ademais busca que os centros de maiores construídos cos fondos públicos de todos os lucenses na Deputación e nos Concellos sexan, por xustiza, para todos os veciños da provincia”, apuntan desde a deputación.

CRÍTICAS A JOSÉ MANUEL BESTEIRO

Entre os asistentes ao Pleno deste venres, ademais de todos os alcaldes e concelleiros que queren a construción destes centros, tamén se atopaba o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, o que deixaba entrever que nas filas do PP daban por feito de que non se ía poder aprobar este punto, xa que contaban co voto do díscolo Martínez.

“É a primeira vez que o vexo preocuparse in situ polas prazas de residencias dos nosos maiores na provincia. É moi significativo que a plana maior do PP, ademais das esferas administrativas nas que goberna, estean hoxe aquí presentes, dicíndolles aos veciños de Lugo que por culpa deles, pois son eles os que manifestaron o seu voto en contra destes convenios, non van ter nin unha soa praza na súa residencia e con independencia da súa situación económica e social”, espetoulle o voceiro socialista, Álvaro Santos. Tamén o voceiro nacionalista, Antonio Veiga, foi moi crítico con Besteiro e calificou de "caciquís" as súas artes políticas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Burela o

Besteiro ou Balseiro¿.?