Feijóo sobre os seus títulos académicos: “Eu penso que teño todo correcto”

Feijóo confía na versión de Cifuentes e evita pedir a súa dimisión a pesar de ser preguntado ata en tres ocasións. Asegura que "hai que agardar" porque hai "investigacións abertas".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/04/2018 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

Alberto Núñez Feijóo está convencido de que todos os títulos académicos que posúe son correctos. “Eu penso que teño todo correcto”, respondeu este xoves logo de coñecerse que varios altos cargos do seu partido, ademais de Cristina Cifuentes, teñen irregularidades na obtención de certas acreditacións académicas.

Cifuentes Asina A Declaración Institucional Para Crear Unha Alianza Estratéxica
Cifuentes Asina A Declaración Institucional Para Crear Unha Alianza Estratéxica

“Home, eu o da Secundaria penso que está ben, e o meu título universitario tamén”, ironizou este xoves na rolda de prensa do Consello da Xunta ao ser preguntado sobre a posibilidade de que algún dos documentos académicos sexa irregular. “Se tivera algo mal xa me terían avisado, pero eu penso que non teño ningún problema con ningún deles”, dixo logo de xeito dubidativo ao insistirselle na pregunta.

E o certo é que non sería estraño que nos vindeiros días se foran coñecendo máis casos sobre presuntas irregularidades na documentación académica de cargos do PP, como os que se foron xa coñecendo, tras o escándalo do master de Cristina Cifuentes.

NON PIDE A DIMISIÓN DE CIFUENTES

De feito, sobre esta cuestión, o presidente galego amosouse convencido que terá solución, aínda que negouse a pedir a dimisión da presidenta da Comunidade de Madrid. E iso que os xornalistas insistiron ata en tres ocasións e de xeito diferente. “Xa non só como presidente, ou dirixente popular, senón a título persoal, cre que Cifuentes debería dimitir?”. Pero o presidente galego a todo constestou o mesmo; "hai que agardar".

Cifuentes e Feijóo
Cifuentes e Feijóo

Así, lembrou que hai ata tres investigacións abertas por esta cuestión; unha na Fiscalía, outra na universidade Rey Juan Carlos e unha terceira no Parlamento. “Supoño que, en breve, haberá noticias, pero hai que agardar”, dixo sen mollarse máis neste asunto.

MALESTAR NO PPdG

A opinión de Feijóo é moi diferente á manifestada por moitos militantes, simpatizantes e ata cargos do seu partido. Hai uns días o acalde de Cotobade-Cerdedo, Jorge Cubela, apostaba nas súas redes sociais pola dimisión de Cifuentes e por rexenerar o partido. “Si alguien se tiene que ir a su casa, se debe de ir”, dicía. “Si. Defendamos a lo nuestro y a los nuestros. Pero si alguien se tiene que ira a su casa, se debe de ir. No estamos en política para defender lo indefendible”, engadía.

O presidente galego tamén ten agora unha opinión moi diferente sobre a dimisión de cargos públicos. Hai unhas semanas, logo de que estoupara o caso de Paula Quinteiro, Feijóo e altos cargos do seu partido criticaban duramente a esta deputada e a súa formación por non tomar medidas e apuntaban directamente á dimisión.

"CONTUNDENCIA"

Pola súa banda, o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, pediu "contundencia" no caso de que se confirme que houbo un procedemento irregular co máster da presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 galegoexiliado

¿E pa pasear a Marcial no iate tiñas o títalo de Patrón de Iate ou o PER?

3 Antinostrus

O que non tén correcto o estirado pailarocopearense este é o seu acceso aos diferentes postos que ocupou, agás o de Presidente Xunteiro e o de Co-piloto do Narcotraficante: Interino por enchufe convertido en Fixo nunhas oposicións restrinxidas "ad hoc" (algo deso debe de saber Barreiro Rivas o "chaqueteiro") chefe de Correos e do Insalud por Enchufemamandurrescoromaybeccariesco e outros...e enchufou de palanganeiro de Monte Pio ao cipaiomononeuronal do Nostrus, para seguir a tradición.

2 Repenique

Evidentemente so os do PP teñen títulos falsos. Puy Fraga, por exemplo, entro na Universidade sen facer a selectividade. Pola contra, o dirixente socialista madrileño ten a eiva de chamarse Franco, pero tal como figuraba no seu currículo é licenciado en Matemáticas.

1 subproducto neuronal

pepeiros!!!!! eu non creo nin o que di a partida de nacemento!!!!! NON SE FIEN DELES!!!! minten coma respiran... mesmo marijuano e demais tropa lle deron todo feito!!! as oposicions e asi... non se fien deles, cidadan galego non fagas confianza co invasor de expañol!!!-