Cando a número 2 do PP de Pontevedra tiña unha licenciatura inexistente e non pasou nada

A alcaldesa de Mos e voceira popular na Deputación de Pontevedra foi ata hai un ano “licenciada en Químicas”. Logo de que o grupo municipal de GañaMos desvelara que non tiña ninguna titulación, Arévalo despachouse a gusto con este grupo: “Eses non me chegan nin aos nocellos”. Por suposto, non dimitiu.

Por Galicia Confidencial | Mos | 18/04/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, vicepresidenta do PP de Pontevedra e voceira deste partido na deputación provincial tamén tivo o seu “mastergate”, como Cristina Cifuentes ou Juan Merlo. O que pasa é que a diferencia da presidente da Comunidade de Madrid ou do xa deputado de Podemos, ninguén lle pediu que dimitira, agás o grupo municipal de GañaMos.

Nidia Arévalo cun currículo falso
Nidia Arévalo cun currículo falso | Fonte: La Sexta

Foi esta formación vinculada a En Marea a que, hai xustamente un ano, desvelou que Arévalo non tiña título ningún. Ela mesma se presentaba –e así figuraba na web do propio PP de Pontevedra-- como licenciada en Químicas pola Universidade de Vigo. Unha licenciatura que nunca obtivo, aínda que logo tentou negalo ante as cámaras da Sexta.

“CAL É O PROBLEMA?”

Tras as denuncias de GañaMos, a alcaldesa defendeuse nun pleno: “Eu non acabei a carreira porque comecei a traballar no Concello de Mos. E cal é o problema?”, preguntouse. No seu currículo político deixaba claro que era licenciada en Químicas, unha licenciatura que logo desapareceu por “estudos en Químicas”, despois da presión exercida por esta marea municipal.

En declaracións á La Sexta, único gran medio que naquel momento se fixo eco desta situación, a alcaldesa, que tivo a unha xornalista desta canle agardando toda unha mañá para coñecer a súa versión, espetou: “É incríble que teña a La Sexta toda a mañá esperando por min para preguntarme pola miña vida privada. Pero eu son unha tía transparente”, dicía.

Carlos Mouriño, Ana Pastor, Nidia Arévalo e Alberto Núñez Feijóo nun acto do Celta
Carlos Mouriño, Ana Pastor, Nidia Arévalo e Alberto Núñez Feijóo nun acto do Celta | Fonte: vigoe

Tras estas declaracións, e en ton chulesco, espetou: “Para ser alcaldesa de Mos ten que votarte a xente. Algo que a xente de GañaMos non me chega nin aos nocellos. Por iso eu teño maioría absoluta e eles teñen catro concelleiros”.

Curiosa, cando menos, a reacción de Nidia Arévalo que non mereceu ningún comentario do seu partido entón e que contrasta co acontecido co xa deputado de Podemos, Juan Merlo, que tivo que dimitir por ter posto no seu curriculum que tiña a licenciatura en Inxeñaría Naval, cando só cursara estudos. Un caso case idéntido ao da número dous do PP, pero que rematou de xeito moi diferente.

A dirección do PP segue tamén defendendo a Cristina Cifuentes por dicir que estaba en posesión dun máster que realmente non ten, aínda que a súa débil posición política pode facer que acabe dimitindo.  Por outra banda, o PP tamén modificou o currículo dunha deputada por Ourense no Congreso, Ana Belén Vázquez, e suprimiu do mesmo o seu máster en Xestión pública en IESE Business School. A parlamentaria explicou que si cursou os estudos de posgrao e que, o "único que habería que corrixir" é a "denominación" do curso, que "cambia" co novo plan de estudos.

TRAXECTORIA FULMINANTE

A traxectoria no PPdeG de Nidia Arévalo foi fulmintante grazas ao apoio que obtivo do seu gran valedor, Rafael Louzán, ex presidente da Deputación de Pontevedra. Chegou á alcaldía de Mos en decembro de 2008 grazas a unha moción de censura contra a alcaldesa María Xesús Escudeiro Lago (PSdeG-PSOE) co apoio do concelleiro Gerardo Alonso, tránsfuga do PSdeG.  Unha moción que a Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo declarou en setembro de 2009 como "caso claro de tránsfugas".

Pero esa moción cun tránsfuga valeulle para dar o gran salto na política. A partir de entón encadenou maiorías absolutas e tamén foi aumentando o seu poder no PP de Pontevedra ata situarse como número dous, primeiro con  Louzán, e agora con Rueda, como vicepresidenta.  

OUTRAS POLÉMICAS

Nidia Arévalo xa ten protagonizada outras polémicas sen que iso lle teña restado protagonismo dentro do PP.  En marzo do ano 2013, Nidia Arévalo foi denunciada por un membro do Bloque Nacionalista Galego por presuntas irregularidades duranto os anos 2011 e 2012 na contratación de vehículos, reparacións e seguros por parte do concello de Mos por un importe superior aos 100.000 euros, sendo esa empresa dirixida pola parella sentimental da alcaldesa.

Pero quizais a acción máis escándalosa protagonizada por Arévalo foi o acontecido no congreso de Fitur do ano 2008. Alí acudiu co seu mentor, Rafael Louzán, co obxectivo de promocionar a galiña de Mos, unha galiña que, non é orixinaria dese concello, senón do barrio de San Xulián de Mos, en Castro de Rei. Tamén chamaron a atención as elevadas facturas existentes de máis de 9.000 euros gastados a cargo dos orzamentos da deputación nunha cea no Ritz de Madrid, hotel no cal tamén se aloxaron varios políticos do PPdG, indluída Nidia Arévalo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Minhamamainhadoceo

Arévalo? Debe ser parenta do humorista, non? Como a maioría dos partidos españolistas e mais dos que os apoian. Vivan os cómicos!

4 Fran do Covelo

Sexamos implacables coa corrupción, intolerables coa mentira, limpemos a política de trepas. Sendo así, alto e claro: Nidia Arévalo, fóra; Cifuentes, fóra; Paula Quinteiro, fóra!!! Repitámolo tantas veces, diante da sus enorme cara, como sexa necesario até a dimisión ou a expulsión (que xa sabemos que protexen igual no Partido Podre que en Podemos).

3 san xose

mareados = pp----------------------------son iguais os mareados e os pepeiros... votar mareda e meter o pp no gobernó (miren o currículo do -Vieiras din que ten estudios na sobona, por iso saiu tan sobado) e xa postos miren o que esta pasar en mandriles do podreiros, o pe$oe presenta a vella xuiza mareada Carmela coma xefe do pe$oe (antes foron sociatas, como o subsodicho -Vieiras) na marea mareada de Errejonismo dos mandriles, son os funcionarios do pe$oe (pe$$$$$$$$$$$oe ise partido de autenticos pelmazos, como o de lugo, mesmo esta o "inculto" alcalde de Vigardos) NON SE DEIXEN ENGANAR POR EXPAÑA!!!

1 LKI

Gonzalito, (b)loquito, lembras que tes a varios camaradas teus do BeNeGá imputados nos casos, Pokemon, Campeón, Carrumeiro...? Por roubar, non por inflar cv´s. Lembras, ou é que a amnesia tamén fai parte da túa enfermidade mental? Deixa de facer o ridículo.

2 Nanton

Non vexo nada neste xornal sobre a anulación por parte do Concello da Coruña da compra de dous pisos a un colega da Marea Atlántica. Terá que ver con que o Concello da Coruña é anunciante deste xornal??

1 Coruñés

E eu non vexo en La Voz de su Amo nada do título da número dous do PP, nin sobre a corrupción pepeira, nin sobre os cartos que lle dá a Xunta a ese xornal do cacique Santiago. A ver pa cando...

2 Noa

Pois si publicaron. Outra cousa non pero os de GC sonche tocahuevos pa todos e todas. http://www.galiciaconfidencial.com/...

3 anonimo

Paréceme ben que menciones o asunto; somentes agardo que tamén pases o día facendo comentarios en La Voz de Galicia e demáis xornais sobre todos os casos de corrupción e irregularidades PP -Ciudadanos dos que non informan...Certo que terías que ter adicación completa; son tantos asuntos nos que se DESINFORMA que requerirías 24 horas 7 días a semana...Boa sorte!

4 Enlama, que algo queda

¿¿ "anulación" ?? ¿¿ "colega" ?? Nin o PP chega a tanta falsidade e se atreve a tanto por medio de La Voz. Un proceso administrativo (obviamente) anónimo, transparente e claro como a auga, onde uns funcionarios equivocáronse medindo en 2 cm. (O teito dun deses inmobles mide de alto 2.48, tendo que medir 2.50) Sería moi doado para a Marea Atlántica botarlle a culpa a eses técnicos, pero aínda queda un pouco de dignidade fora do mundo dos sumidoiros dos que queren enlamar, porque é seu "habitat" natural desde fai décadas. Un erro é un erro, e veremos como acaba isto se se pode subsanar ou non. En todo caso acabará como digan no consello consultivo, non como diga La Voz.

1 galegoexiliado

Os políticos son o imaxe dos seus votantes. Non lle dedes mais voltas, sempre se dixo aquelo de "fai ben, eu tamén o faría". Cifu se fuerte.