Conxemar celebrarase o 2 e o 4 de outubro en Vigo, con presenza de case cincocentas empresas

A vixésima edición da Feira Conxemar celebrarase coa totalidade da superficie expositiva ocupada, logo das obras de ampliación que permitiron gañar 5.000 metros cadrados adicionais até aos 38.000 metros cadrados.

Por E.P. | VIGO | 24/09/2018 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Esta edición celebrarase entre o 2 e o 4 de outubro no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), coa presenza de 740 empresas de 48 países. As obras de ampliación feitas no recinto permitirán que Conxemar alcance un máximo histórico en canto ao número de expositores, un 20 por cento máis que na edición de 2017. Nesa liña, a organización confía en superar tamén os 31.370 visitantes do ano pasado.

Conxemar en Vigo
Conxemar en Vigo

Como é habitual, o Ifevi albergará casetas dos principais produtores e consumidores mundiais de produtos pesqueiros, como Estados Unidos, Portugal, Irlanda, Noruega, Chile, Arxentina, Perú, China, Marrocos ou Ecuador. Como novidade, nesta edición haberá tamén presencia de Estonia, e de EUMOFA, o Observatorio Europeo do Mercado de Produtos da Pesca e Acuicultura.

Como paso previo á feira, celebrarase o 1 de outubro o VII Congreso Internacional sobre Produción Pesqueira Mundial, organizado por FAO e Conxemar, no que expertos de todo o mundo analizarán a situación das principais pesqueirías do mundo. No encontro, que se celebrará no Centro Social Afundación, participarán, entre outros, Gorjan Nikolik, analista e director da División de Produtos Pesqueiros de Rabobank; John Sackton, editor da publicación dixital Seafoodnews; ou John Connelly, presidente do National Fisheries Institute (NFI).

Ademais, destacados representantes do Banco Mundial e da OCDE analizarán temas de interese para o sector, como o impacto económico da pesca ilegal a nivel global, os obxectivos de desenvolvemento sustentable e os acordos bilaterais no comercio mundial de produtos pesqueiros. O Congreso abordará tamén a sustentabilidade, cun relatorio que correrá a cargo Herman Wisse, representante de GSSI (Global Sustainable Seafood Initiative), na que fará balance dos primeiros 5 anos da devandita iniciativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta