O prazo para matricularse na universidade comeza o 5 de outubro e só con 60 titulacións dispoñibles

Só poderán matricularse os alumnos e alumnas que teñan unha cualificación igual ou superior ao do último convocado en cada titulación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2018 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

A Comisión Interuniverstaria de Galicia (CiUG) informou que o prazo se abre para o alumnado titulado de FP, maiores de 25 anos, estranxeiros de países non membros da UE, deportistas de alto nivel, estudantes con discapacidade preinscritos en xuño e alumnado das ABAU, ademais de para alumnos titulados universitarios e os preinscritos en setembro.

Alumnos Selectividade. UPCT
Alumnos Selectividade. UPCT | Fonte: Europa Press

Só poderán matricularse aqueles alumnos que posúan unha cualificación igual ou superior ao do último convocado en cada titulación. As relacións de alumnos admitidos e en lista de espera está exposta no LERD desde este martes 4 de outubro.

Os alumnos tamén poderán consultar a súa situación nas listas de admitidos e de espera vía Internet, na dirección http://ciug.gal/ ou no teléfono de consulta da CiUG: 881 813 452.

Para este prazo hai preto de 200 carreiras universitarias que xa están pechadas e nas que non será posible matricularse. Mantéñense, en cambio, abertas 6 en Ourense, 3 en Pontevedra, 19 en Vigo, 9 en Santiago de Compostela, 12 en Lugo, 15 na Coruña e 8 en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta