Segue de moda o marxismo en Galicia?

O intelectual marxista de orixe latinoamericano Néstor Kohan participará nas actividades desenvolvidas pola organización Agora Galiza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/11/2018 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

A organización Agora Galiza  prepara unha serie de actividades para reivindicar a "vixencia" e a "necesidade" da ideoloxía marxista nos nosos tempos. Estas iniciativas realizaranse durante as xornadas do venres 9 e o sábado 10 e contarán coa presenza do intelectual marxista Néstor Kohan.

Karl Marx
Karl Marx | Fonte: BBC

Este colectivo socialista, feminista e nacionalista considera "urxente" revisar a "caricaturización", "as deturpacións e as adulteracións ás que se viu sometido" o marxismo durante as últimas décadas. "A burguesía e o imperialismo levan máis de 135 anos intentando enterralo", din. Porén, para eles, "o marxismo segue vivo como método científico; vivo como filosofía e guía para a acción e a transformación revolucionaria da sociedade". 

Co obxectivo de pór de manifesto estas ideas, o arxentino Kohan expoñerá a súa perspectiva sobre a evolución da cuestión marxista ata a actualidade. Esta será a terceira visita do intelectual á Galicia, logo da súa participación nas Xornadas Independistas Galegas do 2008 e 2011. Desta vez, realizará unha intervención na Facultade de Xeografía e Historia, prevista para as 19.30 horas deste venres. Nela, presentará o libro Comunidad, nacionalismos y Capital. Marx 200 añosun compendio dos escritos de Marx acompañado dun estudo preliminar do propio Kohan.

Así mesmo,  o arxentino tamén impartirá un "curso de marxismo" ao día seguinte, na sede nacional de Agora Galiza. Ás 21.30 horas do sábado, unha cea de confraternización poñerá fin a estas xornadas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 comunista independentista

E ti vives no medievo pre-industrial ou nos mundos de Yuppy. Con cada 'comentario' non fas máis que demostrar a túa enorme ignorancia. Só sabes repetir mantras goebbelianos sen base real ningunha. Nótase que es carne do Canal "Historia", dos documentais anti-comunistas da BBC e doutras panfletadas ultra-liberais. Pol-Pot? Sabes quen derrotou Pol-Pot? O exército do Viet Nam socialista. Se te formaras con lecturas serias, saberíalo.

4 anonimo

O " comunista independentista" vive mentalmente no século XIX. Hoxe o " 99% da xente" non é " escrava de ninguén". eso son panfletadiñas. ¿ Seica o 99% dos galegos somos " escravos" ? ¿ Ula a "escravitude"? O real é que os sistemas comunistas fracasaron, e provocaron millóns de mortos. 30 millóns de mortos Stalin, 45 millóns Mao, non sei cantos Pol Pot en Camboia. ¿ Seica os cubanos ( con salarios de 20 euros ao mes) ou os de Corea do Norte ( con campos de concentración a tuti plen ) son , precisamente, os que non son escravos? O mundo ao revés.

3 comunista independentista

O titular e os comentarios do tal 'anónimo': dúas mostras do fracaso do sistema educativo e do éxito da propaganda capitalista. A ignorancia é o que fai que unha maioría do 99% sexa escrava do 1% dominante.

2 anonimo

Estivo de moda alguma vez na Galiza? Não. “Esta declaración feita por un partido controlado polos nacionalistas galegos, non comunistas, responde ao anceio xeral das pequenas nacións resucitadas ao socaire da posguerra europea.” cita do Sempre em Galiza de Castelao. Para quando um novo Partido Galeguista e um novo Castelao?

1 anonimo

O marxismo cansouse de facer prediccións que non se cumpliron. Os que se foron ao tacho foron os rexímenes comunistas, non os capitalistas, ao revés das previsíons " científicas" do marxismo. Vir agora con que está mais vivo que nunca, despois dos millóns de mortos de Stalin e Mao 8 45 millóns de mortos de fame no " gran salto adiante ) é algo patético.

1 Bernal Calvo Delaciga

Nótase que non tes nin idea do que é o marxismo, nin de cómo se emprega para analizar a realidade que nos rodea. Prediccións? Previsisóns? Pero que pensas, que Marx era Nostradamus? Ti e os teus si que sodes patéticos repetindo unha e outra vez como fanáticos as mesmas trolas sobre "millóns de mortos". Porén, os centos de millóns de mortos do capitalismo non hai que inventalos, vémolos todos os días nos conflitos que provocades, nas vacinas coas que facedes negocio, na fame e miseria que provocades..., os cadáveres que flotan no Mediterráneo son vítimas da esplotación capitalista e das guerras imperialistas. Por non falar das vítimas do nazismo e do fascismo, versións do capitalismo en crise.