"Sabela, en 'Operación Triunfo', fai máis polo galeguismo que moitos galegos que se avergonzan de falar o noso idioma"

A nova actuación en galego da cantante das Pontes no concurso de TVE xa é un tema político para algúns.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/12/2018 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

Igual que cando foi nominada por primeira vez, Sabela apostou de novo polo galego para xogarse un posto na final do concurso musical 'Operación Triunfo' e interpretou unha versión entre o tango e o fado de ‘Negro caravel‘, a peza composta por Rosa Cedrón e Cristina Pato a partir dun poema de Rosalía de Castro.

Sabela, en 'Operación Triunfo'.
Sabela, en 'Operación Triunfo'.

Sabela protagonizou, ademais, un dos momentos divertidos da noite cando lle dixo a Mary, súa nai: “Que raro se me fai falarche en castelán”.

Esta normalización da lingua galega nun dos programas de televisión máis populares en España ten suscitado todo tipo de reaccións entre os seguidores deste espazo, xeralmente de apoio á cantante das Pontes. Esta vez tampouco faltaron os comentarios de apoio a esta normalización do galego no Estado español.

Pero talvez o máis chamativo foi o chío que deixou en Twitter Compromiso por Galicia sobre a actuación de Sabela, que xa é tamén un fenómeno político, ademais de musical.

"Sabela, en 'Operación Triunfo', fai máis polo galeguismo que moitos galegos que se avergonzan de falar o noso idioma e falan a diario castelán na rúa e galego na casa. Parabéns e sorte Sabela", publicou este partido político na súa conta en Twitter.

O certo é que hai ganas de politizar as actuacións de Sabela. Onte mesmo, o usuario de Twitter Max Pynchon, que se presenta nesta rede como "periodista en la reserva", publicaba: "OT muestra una España más real que muchos medios informativos. Una gallega le dice a su madre: «qué raro se me hace hablarte en castellano». Igual alguien ha pillado hoy aquello de la España plural. ¿Y si lo hubiera dicho una catalana? Habrían pedido el 155". 

"Defender e estar orgullosos do noso en castelán é tan galego", escribía tamén o actor galego-catalán Alberte Montes.

Tamén se meteu a comentar a deputada socialista Noela Blanco, quen dixo: "Marabillosa Sabela cantando 'Negro caravel'. Recoñezo que detesto 'Operación Triunfo', pero tamén que Sabela leva feito máis durante estes meses por promocionar a nosa lingua e cultura, en especial entre a mocidade dentro e fóra de Galicia, que moitos gobernos en décadas. Orgullo!".

Encerrada na academia dos "triunfiños", non sabemos que lle parecerá a Sabela que as súas actuacións teñan saltado ao terreo da política. Semellaba inevitable.

Así foi a súa actuación:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Iria

Encantoume a sua actuacion. A nosa Rosalia estaria en pe tras escoitar a esta moza. Parabens!

4 Jos

Moi ben SABELA!! Necesitamos mais xente coma tí na nosa terra!!

3 uu1

Parabéns, eu não sou seguidor deste tipo de programas, só podo repetir Parabéns. Tomemos nota e utilizemos a Nossa Língua.

2 Nostrum

Que vergüenza. Hablando en gallego delante de gente tan importante!!

1 Cirigaitas

De Moi Boa fonte sei que Santi Abascal e Ortega Furer Schmiss van a introducir como Medida 101 do seu Programa pechar a TVE...en evitación deste tipo de "Excesos"...

1 Xanc

Totalmente dacordo