A asociación Adega insiste á Xunta que declare BIC a Cova Eirós en Triacastastela

A asociación medioambiental descoñece se a Consellería de Cultura recolleu as achegas ao expediente presentadas o 2 de xuño de 2017.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2019 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Adega urxiu á Xunta de Galicia a que declare Ben de Interese Cultural a Cova Eirós en Triacastela (Lugo), porque o prazo de 24 meses fixado pola Consellería de Cultura para este recoñecemento vencería o próximo 10 de abril.

Con todo, Adega alerta de que a poucas semanas de que venza o prazo a organización "non ten noticia, a pesar de ser requirida insistentemente diante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, de se a Xunta vai cumprir coa súa obrigación e resolver en tempo o expediente".

Adega tamén descoñece se o departamento de Cultura acolleu finalmente as achegas ao expediente presentadas pola asociación ecoloxista o 2 de xuño de 2017. A organización defende a riqueza da cova, con restos de lumes de máis de 180.000 anos e pinturas rupestres datadas en máis de 9.000 anos, sendo a primeira cova de Galicia na que se atoparon manifestacións rupestres.

Os ecoloxistas alertan que "a integridade" da Cova atópase " en risco, ao estar situada en terreos da canteira de Cementos Cosmos e sometida a continua presión da actividade mineiro-extractiva". Adega teme que a Xunta "faga primar os intereses da canteira" e deixe "caducar o prazo de resolución do BIC". Ante isto, a asociación anuncia que adoptará as medidas legais necesarias e non descarta recorrer aos xulgados do penal para dirimir presuntas responsabilidades no abandono de funcións públicas ou contra o patrimonio cultural.

A asociación Adega aprema á Xunta a que declare BIC a Cova Eirós de Triaca. ADEGA
A asociación Adega aprema á Xunta a que declare BIC a Cova Eirós de Triaca. ADEGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta