O alcalde de Ferrol cualifica de "fito histórico" a reforma da Praza de Armas

Jorge Suárez estima que os traballos poden iniciarse nun prazo de 15 días

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2019 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), cualificou de "día histórico" a xornada deste martes tras ser adxudicados nunha xunta de goberno extraordinaria os traballos de reforma da Praza de Armas, situada ante o Concello. O rexedor destacou que a obra será realizada pola Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Prosema Noroeste e Civis Global, por un importe de 1.347.940 euros.

O alcalde de Ferrol en rolda de prensa.
O alcalde de Ferrol en rolda de prensa. | Fonte: Europa Press

Suárez incidiu en que esta actuación será "un fito histórico, non para este goberno, senón que para a cidade, xa que é unha actuación que viña reclamando desde o momento da rescisión do contrato do aparcadoiro, desde o ano 2008, e que por fin, dez anos máis tarde, conséguese recuperar un espació cun aspecto case orixinal". "Estou seguro que vai encher de satisfacción a todos os veciños de Ferrol", apostilou.

Segundo manifestou Suárez, a reforma deste espazo público "será o complemento ideal das obras de rehabilitación que se están executando no barrio da Magdalena ou Ferrol Vello, que necesitan un impulso maior". "E estou seguro que será nos próximos anos", abundou.

Suárez tamén estimou que "nun prazo de 15 días podería xa estar constituída a UTE, para poder dar inicio ás obras", ao mesmo tempo que manifestou que "xa se poden empezar a realizar as reunións técnicas entre as dúas empresas, cos técnicos do Concello e o director do proxecto".

Nesta liña, sinalou que "en dúas semanas estarán todos os trámites finalizados e poder así o próximo ano ver aquí xogando aos nenos na praza, entre tilos". "Algo que estimo que será bastante bucólico pero bonito", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Guillerme Gintonic

Que reforma ? Faltan 3 meses para as eleccións e nen sequera está adxudicada a obra