A Xunta pasa do concello e quere máis cámaras no entorno da Catedral de Santiago

Compostela Aberta e o BNG votaron en contra no pleno de aumentar a vidiovixilancia na cidade. Cultura insiste neste asunto en época preelectoral, aínda que a súa instalación depende da Delegación do Goberno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2019 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

A Xunta reitera a súa intención de mellorar a seguridade e de instalar un sistema de videovixilancia na Catedral de Santiago. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, avanzou que traballan "conxuntamente" coa Fundación Catedral, pero non co concello, para buscar a solución máis adecuada desde o punto de vista técnico.

Así o sinalou en declaracións aos medios, onde o responsable autonómico lamentou a "postura" do Goberno local de Santiago a instalar cámaras nas inmediacións da Catedral, como quedou patente no pleno municipal deste xoves.

O PP de Santiago defendeu unha moción para a instalación dun sistema de vixilancia que favoreza a protección do patrimonio e a seguridade cidadá, proposta que contou co apoio do PSOE e dos populares locais pero que foi rexeitada cos votos en contra de Compostela Aberta, o BNG e o voto de calidade do rexedor, Martiño Noriega.

"Lamentamos a postura do concello pero hai que priorizar a seguridade da Catedral respecto doutras cuestións", insistiu Rodríguez, quen advertiu de que é "o momento" de asegurar este problema, como defende "non só a Xunta, senón moitas institucións e colectivos", engadiu.

Rodríguez considerou que "o máis prudente" para atallar a situación sería instalar "cámaras ou calquera outro sistema técnico" que posibilite "blindar" a seguridade da Catedral, como así se está abordando nas reunións celebradas coa propia Fundación.

A pesar diso, non avanzou o prazo exacto que manexa a administración, aínda que si desvelou que se iniciaron os contactos coa Subdelegación do Goberno, que "ao final é quen ten que autorizar" esta medida.

Concello de Santiago e Policía avalían mellorar a vixilancia da Catedral,
Concello de Santiago e Policía avalían mellorar a vixilancia da Catedral, | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta