Dous xuíces galegos na elección da presidencia da Sala do Civil do Supremo

Entre os candidatos, os presidentes das Audiencias Provinciais da Coruña e Pontevedra.

Por E.P. | MADRID | 30/04/2019 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aprobou este martes unha terna de sete candidatos, entre eles dous de Galicia, que aspiran á praza de maxistrado da Sala do Civil do Tibunal Supremo que quedou vacante pola xubilación José Antonio Seijas Quintana.

Á convocatoria da praza, correspondente á quenda de especialistas, poden optar os maxistrados que accederan á categoría mediante as correspondentes probas de selección na orde xurisdicional civil ou que as superen ostentando esa categoría, os maxistrados especialistas no mercantil, así como os que prestaran dez anos de servizos en órganos especializados en Civil.

O número total de solicitantes foi de 20, dos que se elixiron sete cuxa candidatura será analizada polo órgano de goberno dos xuíces. Entre os candidatos destaca a expresidenta do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) María Eugenia Alegret.

Ademais de Alegret, que actualmente está destinada á Sala do Civil e Penal do TSJC, concorren a esta convocatoria Ana Belén Iracheta Undagoitia (Audiencia Provincial de Bizkaia), Rafael Martín del Peso García (Audiencia Provincial de Asturias), Juan Ignacio Medrano Sánchez,(Audiencia Provincial de Zaragoza), Francisco Javier Menéndez Estébanez (presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra), Juan Ángel Moreno García (Audiencia Provincial de Madrid) e José Luis Seoane Spielberg (presidente da Audiencia Provincial da Coruña).

O vogal Juan Manuel Fernández non interveu na selección dos candidatos, despois de presentar un escrito comunicando a súa decisión de absterse por razón da súa relación familiar cunha das aspirantes, Ana Belén Irachet.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta