Jorge Suárez estima que Ferrol en Común chega ao final do mandato "cohesionado e con moita forza"

O rexedor e candidato asegura que a súa aspiración é "ter a maioría de concelleiras no ámbito da esquerda"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2019 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol e candidato á reelección, Jorge Suárez, asegurou que Ferrol en Común está "a día de hoxe mais cohesionado que nunca" e chega "a final de mandato con moita forza, cos proxectos previstos para a cidade "xa en marcha" e "con claridade de ideas" do que prevé expor durante o quince días de campaña, coa "aspiración de ter a maioría de concelleiras no ámbito da esquerda".

Ferrol en Común
Ferrol en Común | Fonte: Europa Press

O candidato de Fec, interpelado sobre como afrontará a campaña electoral que se iniciará este venres, trasladou que nas dúas semanas que restan antes das eleccións a formación se dedicará a "realzar" os seus logros, "traballar, contar a verdade á xente e tratar de ser próximos, ademais de escoitar con humildade as propostas" que lles fagan chegar.

Suárez recoñeceu que algúns dos proxectos prometidos "non se cumpriron": "Negalo sería absurdo, pero os asuntos primordiais e que levaban moito tempo esperando están en marcha e iso é importante, énchenos de optimismo e por ese estimamos que se pode facer as cousas doutra maneira".

Destacou que tratará de revalidar a Alcaldía, "xa que queda moito por facer", en especial ante un período no que considera que "veñen bos tempos para Ferrol, no emprego, e que poden facer que tomemos impulso e despeguemos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta