Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 14:12
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) investirá 483.929 euros en obras de reforma e mellora en 27 centros de Atención Primaria de Galicia con cargo ao suplemento de crédito do superávit de 2018 autorizado polo Goberno galego para reforzar a Atención Primaria.
Así o informou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, no que concreta que a Lei de reforzo de actuacións prioritarias, aprobada recentemente pola Xunta, "permite utilizar o 100% do superávit contable de 2018", o que supón 125 millóns de euros "para reforzar este ano o gasto social en sanidade, educación e servizos sociais públicos".
Deste xeito, con cargo ao superávit, o Goberno galego destina á sanidade este ano "22 millóns de euros máis", destaca a Consellería, --16,1 millóns a través da citada lei-- para "reforzar especialmente o gasto de funcionamento do Sergas en Atención Primaria en actuacións como mellorar a dotación dos centros do primeiro nivel asistencial, a construción, ampliación ou mellorar dos mesmo" ou o "aumento de prazas de persoal", entre outras.
"A previsión da Xunta é dedicar á sanidade pública, a través desta medida, entre os anos 2019 e 2020, máis de 40 millóns de euros", apuntou Sanidade.
Por iso, a Administración sanitaria sostén que "esta inxección económica" permite á Consellería de Sanidade "dispor de recursos financeiros para desenvolver actuacións contempladas no novo 'Plan Galego de Atención Primaria 2019-2020' e manter o seu compromiso para co primeiro nivel asistencial", abunda.
Neste sentido, lembra Sanidade que o "mantemento adecuado" das infraestruturas sanitarias de Atención Primaria "é un dos obxectivos recollidos no plan de necesidades do devandito documento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.