Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2019 | Actualizada ás 16:38
O coordinador da xestión da Atención Primaria da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o doutor José Andrés Seco Otero, presentou a súa dimisión por "motivos persoais", polo que foi aceptada polo Sergas, que lle agradece os "servizos directivos e de coordinación prestados".
A Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (EOXI) subliñou, nun comunicado de prensa, que "avala e agradece os servizos prestados" polo doutor Seco en tarefas de dirección e coordinación de Atención Primaria da área sanitaria.
O doutor José Andrés Seco Otero, que é funcionario de carreira coa categoría de inspector médico e destino en Vigo, "conta cunha dilatada experiencia profesional no ámbito sanitario público galego", incidiron as mesmas fontes, no que "desenvolveu durante as últimas décadas distintos postos de responsabilidade e coordinación na estrutura directiva da rede autonómica do Sergas", todos relacionados coa "xestión de recursos sanitarios", concretaron.
A xerencia sanitaria desta área recoñece "o seu traballo, compromiso e dedicación" e confirmou que acepta a decisión "por motivos de índole persoal", que "será efectiva administrativamente no Servizo Galego de Saúde nun breve prazo de tempo".
CONVOCATORIA PÚBLICA
Mentres, co obxectivo de "dar continuidade" á actual coordinación da xestión da Atención Primaria da área sanitaria, a EOXI de Pontevedra e O Salnés asumirá esas "funcións organizativas".
Ao mesmo tempo, destacou que abre "un período administrativo regulado" para efectuar unha "nova convocatoria pública deste posto de responsabilidade asistencial", apostilou a xerencia sanitaria desta área sanitaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.