A Xunta agarda resolver xa a venda das plantas de Alcoa

O principio de acordo alcanzado o luns entre Alcoa e Parter para a venda das plantas da Coruña e Avilés pode facer culminar a operación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2019 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, valora como unha "nova oportunidade" o principio de acordo alcanzado o luns entre Alcoa e Parter para a venda das plantas da Coruña e Avilés co fin de "poder culminar" a operación.

En declaracións aos medios este mércores en Vigo, Conde dixo tamén que é unha "oportunidade" para que o Goberno poida cumprir co seu compromiso de ofrecer un prezo eléctrico "competitivo".

Para iso, insiste na reclamación de que se aprobe o estatuto para electrointensivas e haxa un prezo eléctrico co que Parter "coñeza cales son as condicións" que pode haber no futuro.

Lembra que a oferta que ofrece Parter só garante dous anos o emprego e está "condicionada" a que haxa "un prezo eléctrico" que garanta "viabilidade" e o "100% de emprego".

O obxectivo, segundo remarca o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, é "non só continuar coa actividade de fundición", senón tamén coa do aluminio primario.

Peche das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña. Europa Press - Europa Press - Arquivo
Peche das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña. Europa Press - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta