Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2019 | Actualizada ás 19:44
O sindicato nacionalista CIG asegurou que as plantas que Ferroatlántica ten no municipio coruñeses de Cee e Dumbría "quedarían nunha situación peor" se se efectiviza a venda ao fondo norteamericano TPG Sixth Street Partners. Así o trasladou a organización sindical aos traballadores nunha asemblea celebrada en Cee para abordar a situación da empresa e da que a CIG informou nun comunicado.
A central nacionalista considera que de materializarse a venda estas fábricas quedarían fóra do grupo "funcionando como unha especie de subcontrata", xa que o "provedor e comprador exclusivo da produción seguiría a ser FerroGlobe".
"Estamos ante unha operación fraudulenta que supón unha segregación encuberta das centrais", considerou o portavoz da sección sindical, Alfonso Mouzo, que advirte de que o obxectivo de Villar Mir "seguen sendo a venda dos aproveitamentos hidroeléctricos para facer negocio con eles".
"A operación anunciada por Villar Mir segue a fórmula da presentada en 2017, pero de forma máis sofisticada para darlle a aparencia de legalidade", subliñou. Ademais, indicou que a representación sindical dirixiuse ao suposto comprador para coñecer o seu proxecto industrial, unha resposta á que, segundo indicou, a resposta foi que "nada tiñan que falar" con eles xa que "aínda están en negociacións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.