A Fundación Luís Seoane inaugura este mércores unha exposición con 88 obras do autor

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2019 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A Fundación Luís Seoane inaugurará este mércores na Coruña a exposición 'Luís Seoane. Mapa de desexos', que consta dunha selección de 88 obras deste artista realizada por un centenar de persoas relacionadas coa cultura, as artes plásticas, a docencia ou o deporte, entre outras.

Así, o resultado desta elección entre 700 óleos, gravados, carteis e debuxos do polifacético pintor galeguista poderase ver a partir deste mércores na mostra.

A exposición, que estará aberta ata o 3 de novembro, inclúe tamén a curtametraxe de animación 'Homenaxe á Torre de Hércules', unha peza visual realizada por Esferobite en 2004 tomando como base o álbum de debuxos de Seoane que leva o mesmo nome.

Luís Seoane. REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES - Arquivo
Luís Seoane. REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta