VOTA | Monarquía ou República?

Que modelo de Estado prefires?

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/07/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A imaxe da monarquía española está cada vez máis deteriorada. Aos escándalos protagonizados polo rei Juan Carlos I e o caso de corrupción do seu xenro Iñaki Urdangarín, nos últimos anos, súmanse agora as críticas a Felipe VI pola súa postura non dialogante no proceso catalán, a herdanza franquista da Coroa española e as cada vez máis expresións populares contra a monarquía nas rúas e foros políticos.

Monarquía versus República.
Monarquía versus República.

Unha recente enquisa realizada por IMOP Insights para Vanitatis con motivo do quinto aniversario do reinado de Felipe VI sinala que apenas a metade dos españois (50,8 %) apoia a monarquía, a escasa distancia dos que prefieren a república como modelo de Estado (46,1%). Unha diferenza escasa que pende dun fío dos ndecisos (3,1 %). 

En GC preguntamos pola preferencia dos nosos lectores entre continuar no Estado español cunha monarquía como a actual ou o cambio a unha Xefatura de Estado en forma de república.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 Founementón

República, pero galega, laica e sen castas. Independencia.

7 Gato

Os que votan republica galega, faltalles dicir o de socialista e dos soviets .

6 urco

Pois é. República Galega.

5 Galego

Viva o pacto social e de convivencia de 1978. Viva a Constitución

4 Calquera

República galega.