Artigos de Fermín Paz

Seguir sachando

Son un traballador xubilado (pasivo disque) que no seu momento, alá por 1974, fun contratado por Endesa. Nacín no 1951 e algo fun aprendendo, no tempo que me tocou vivir, das contradicións que suceden no marco das chamadas relacións laborais.

Monedero, ou a esquerda sen luces de posición

Volvo coas miñas teimas. Monedero debería estar no novo Consello de Ministros aínda que non tivese carteira. Con que puxera o chaleco nos actos oficiais a “esquerda dos de abaixo” sentiriase representada nun goberno que precisa de mais forza. Entrou nas nosas vidas con ese aceno de identidade propia, agora toca aceptalo tal e como é. A quen non lle vaian a súas maneiras e ideoloxía que aprenda das ensinanzas que nos deixou o Raxoi “ debemos de respetar los usos y costumbres de los demas”. Paréceme que en pouco tempo, o seu xeito de ser e de estar na política é un contributo tribal pero cunha pegada que deixará pouso . Polo menos no meu subconsciente xa ten un lugar con dereitos adquiridos.

Espazos políticos

No último artigo remataba dicindo que dificilmente os atallos servirán para chegar a onde se di que se quere chegar e que a moción de censura había que entendela en clave dunha perspectiva electoral e non de cambio real. Despois de coñecer a estrutura do novo Consello de ministros do Goberno Español e do nomeamento dos titulares por parte do Presidente Sánchez, non teño dúbidas diso. O goberno monocolor e os 84 votos de apoio no parlamento, cos que conta de partida o PSOE, mostran que o camiño que se pretende percorrer é unha falacia.

Falar sen medo

A maioría vivimos un presente ben fodido, pola nosa situación persoal, pola das nosas familias ou pola da xente coa que convivimos. E, por moito optimismo co que enfrontemos o futuro, este cada vez péchanos máis as súas portas. É verdade que recibimos animo cada dúas por tres e o grande paradoxo que nos ofrece a política actual é un discurso ou relato no que os problemas reais son transformados en oportunidades. Filosofia barata ou prédica, no mellor dos casos.

Até sempre!

Chega o tempo marzal con datas de moitas lembranzas. O patriarcado ten unha cita co espello e coa historia. Non teño dúbidas de que o mundo seguirá sendo de mulleres e homes, mais axiña precisa de empuxe para facer mudanzas. A folga do día 8 é unha ferramenta necesaria para mover moito do que segue “atado e ben atado”.

Raxoi non é parvo

Alá polo 6 de setembro do ano pasado escribín o artigo de opinión titulado “O que se está cocendo no pote” e nel dixen que “… o presidente do goberno español será do PP porque coas súas manobras tácticas pechou posibilidades a calquera outra alternativa, cun canto á unidade formulada unha vez mais, sobre a soberanía española única e indivisible…”. O PSOE, atrapado entre os debates internos e o medo que lle producían os riscos e esixencias dos socios de conveniencia, terían imposible a suma de 176. Raxoi de novo recuncando no goberno e os demais tirando os trastos entre si.

A sorte non está botada

Supoño que tod@s aprenderemos algo co proceso catalán. As interpretacións son todas posibles -aínda que non sexan cribles-, mentres que as transformacións son sempre cribles -aínda que todas elas non sexan posibles nalgun tempo-.

E agora que?

Comezarei por non agacharme, teño posición e alineamento a prol do soberanismo catalán. Estou canso das rodas de muíño do unionismo. O Estado Español na súa configuración ten tras de si unha historia que non debemos descoñecer. Hai quen di que os nacionalismos implican un atraso e unha semente de conflitos. Que casualidade que esta interpretación nunca foi aplicada ao nacionalismo español. Tantas veces negan o españolismo como concepto no debate político, como tantas outras queda acreditado na praxe daqueles que o negan.
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.